Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Emprendemento en centros educativos

Programa Semente

Obxecto - finalidade:

Promover a adquisición de competencias emprendedoras a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos, que posteriormente venderán nun mercado. Para iso, o programa reproduce situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as actividades posteriores desta.

Dirixido a:

Alumnado entre 3º e 6º de Educación Primaria e alumnado de Educación Especial de centros educativos do municipio.

Contidos:

Programa educativo de difusión da cultura emprendedora no que o alumnado de Educación Primaria e Educación Especial crea a súa propia empresa baixo a fórmula de cooperativa (cooperativa escolar).

Os contidos que se traballan co alumnado na aula son os seguintes:

  • Nace unha empresa. O alumnado xera unha idea de negocio baixo a forma xurídica dunha cooperativa. Elixen as súas persoas representantes.

  • Estamos lanzados. Nesta unidade trabállase en todo o relacionado coa imaxe corporativa da empresa e á súa vez deséñase unha campaña publicitaria e levan a cabo as funcións propias dun gabinete de comunicación.

  • Esta empresa vale moito. O alumnado coñece os contidos relacionados coa contabilidade da empresa.

  • Coa cabeza e as mans. Trabállase diferentes técnicas de fabricación, así como os pasos ata obter os artigos. Proporciónanse diferentes métodos de fabricación para que, a partir deles, o alumnado elabore produtos que máis tarde terá que vender.

  • A venda e os resultados. Nesta unidade didáctica, desenvólvense os contidos relacionados coa venda dos produtos, desde a decoración do punto de venda ata o trato coa clientela.

Durante o desenvolvemento do programa as cooperativas creadas polo alumnado solicitan o permiso de venda dos seus produtos que será entregado por autoridades municipais. O acto final do programa é a realización do mercado "Unha empresa na miña escola".

Programa Inicia

Obxecto - finalidade:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora

Dirixido

Centros públicos que imparten ciclos formativos e centros de ensinos especiais, así como os privados cos que o Concello da Coruña subscribise un convenio de colaboración, cuxo alumnado teña unha idea empresarial e queira desenvolver o seu proxecto de empresa.

Contidos

Formación e titorías

Elaboración do plan de empresa na aula utilizando documentación de apoio e cun simulador empresarial. Módulos:

  • Módulo 1: Presentación e motivación
  • Módulo 2: Primeira titorización de proxectos
  • Módulo 3: Segunda titorización de proxectos
  • Módulo 4: Taller de presentación de proxectos

Feira de Ideas Empresariais

Un Comité de Valoración composto por persoal técnico do Concello da Coruña e do IGAPE selecciona os 15 mellores proxectos segundo os criterios que figuran nas bases de participación. As persoas seleccionadas terán expostos os seus proxectos na Feira de Ideas Empresariais onde poderán explicarllelos ás persoas visitantes.

Premios Formación para Emprender

O Comité de Valoración elixe os tres mellores proxectos da feira e, na cerimonia de clausura do programa, entréganse os premios tanto ao alumnado como aos seus centros educativos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión