Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Rede local de emprendemento

Proxecto de Rede Local de Emprendemento Concello da Coruña

Desde a Concellería de Emprego e Economía Social quérese promover unha acción de reflexión estratéxica conxunta sobre a Rede Local de Emprendemento emerxente e innovador (StartUp Hub), e as posibilidades para a súa dinamización, consolidación e potenciación da súa proxección exterior.

O actual contexto de crise económica e a crecente cultura do emprendemento innovador fan necesaria unha aposta desde un enfoque sistémico, aberto e participativo, que contribúa a consolidar o ECOSISTEMA de Emprendemento emerxente e innovador, poñendo en relación e optimizando o uso e complementariedade dos recursos existentes, aproveitando as vantaxes competitivas do territorio, mellorando a proxección supra-rexional e internacional á vez que se contribúa ao desenvolvemento dun modelo económico sustentable e orientado ás persoas e a calidade de vida no noso territorio.

Para todo isto fíxose un estudo do deseño e da implementación da Rede Local de Emprendemento emerxente e innovador (StartUp Hub), e as posibilidades para a súa dinamización, consolidación e potenciación da súa proxección exterior e que teña en conta unha perspectiva tamén metropolitana.

Tratarase de:

  • Identificar os axentes e recursos xa existentes en materia de apoio ao Emprendemento Emerxente e Innovador (StartUPs) e de deseñar de maneira colaborativa un marco estratéxico que facilite a creación de valor nun marco temporal a curto - medio prazo contando co soporte e apoio do Concello da Coruña.
  • Identificar o catálogo de servizos de apoio ao emprendemento que se están proporcionando na Rede de Emprendemento actualmente existente e na que conviven distintas iniciativas públicas e privadas.
  • Facer un breve exercicio prospectivo e de benchmarking identificando un máximo de 3 exemplos de StartUp Hubs, tanto no nivel estatal como no internacional e especialmente o europeo, que sirvan de referencia e que nos axuden tamén a contextualizar o plano exterior, o papel da Coruña na Rede SERN - Start Up European Region Network (EC).
  • Espérase que con técnicas de deseño aberto e colaborativo se identifíquen as liñas estratéxicas e os itinerarios de acción específicos para a Rede de Emprendemento Local.
  • Recoller nun Plan Director 2017-2020 que sintetice todo o traballo desenvolto e conteña obxectivos estratéxicos; liñas estratéxicas, itinerarios específicos partindo do Mapa de Recursos existentes no StartUp Hub local, cunha perspectiva sintética e realizable.

En referencia ao mapeo dos axentes implicados na rede ou comunidade de stakeholders, tivéronse en conta as seguintes entidades:

  • Universidade UDC - Vic. Transferencia - OTRI - FUAC - Fundación Universidade da Coruña
  • CEC - Confederación de Empresarios/as da Coruña
  • Cámara de Comercio da Coruña
  • Fund. A Fundación - Abanca Innova
  • IGAPE
  • AJE - Asoc. Jóvenes Empresarios
  • AECO - Mulleres Empresarias
  • Fund. Mujeres
  • AEIGA - Empresas Inserción Laboral
  • EspazoCoop - Economía Social - Emprendemento
  • Centros de Negocios Privados
  • Redes de colaboración empresarial informal: LaconNetwork, Furancho ...

Emprendedores emerxentes e innovadores de relevancia no contexto local (metropolitano)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión