Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía). Solicitude de beneficios fiscais / prórroga
En que consiste?:
Procedemento de concesión, logo do cumprimento previo dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais na plusvalía. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).
EXENCIÓNS:
Entidades recollidas no art. 2 da Lei 49/2002 do réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado. (art. 15.3 da Lei 49/2002).
Constitución e transmisión de dereitos de servidume (art. 105.1 a Texto Ref. Lei HHLL).
Bens históricos nos que se realizaron obras de conservación, mellora ou rehabilitación (art. 105.1 b Texto Ref. Lei HHLL).
Institucións que teñan a cualificación de benéficas ou de benéfico-docentes (art. 105.2 c Texto Ref. Lei HHLL).
As transmisións realizadas por persoas físicas con ocasión da dación en pago de vivenda habitual do debedor hipotecario ou garante del, para a cancelación de débedas garantidas con hipoteca que recaia sobre a devandita vivenda, contraídas con entidades de crédito ou similares, así como as transmisións de vivenda realizadas en execucións hipotecarias xudiciais ou notariais cumprindo os requisitos anteriores.
BONIFICACIÓNS:
Bonificación do 20, 30, 70 ou 95 % (dependendo dos ingresos da unidade familiar) nas transmisións a título lucrativo por causa de morte ou por pacto de mellora en relación coa vivenda habitual do/a causante/mellorante, a favor de descendentes e adoptados/as, cónxuxes e ascendentes ou adoptantes. Nos supostos de pacto de mellora a bonificación só se aplicará naqueles supostos nos que o/a transmitente se reserve o usufruto do ben. (art. 9.2 Ordenanza fiscal núm. 53).
Bonificación do 95% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é igual ou inferior ao IPREM
Bonificación do 70% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao IPREM e ata o dobre do IPREM
Bonificación do 30% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao dobre do IPREM e ata o triplo do IPREM
Bonificación do 20% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao triplo do IPREM
PRÓRROGA:
Solicitude de prórroga de ata un ano para presentar a autoliquidación nas transmisións a título lucrativo por causa de morte (art. 12.2 b OF n.º 53).
A quen vai dirixido?:
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.
Organismo responsable:
Ayuntamiento
Prazo de presentación:
As solicitudes de beneficios fiscais realizaranse desde a data de devindicación do imposto ata a finalización do prazo da súa liquidación regulado no artigo 12.2 da OF núm. 53.
A solicitude de prórroga nas transmisións a título lucrativo por causa de morte realizarase dentro do prazo de 6 meses para practicar a autoliquidación.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Documentación que hai que achegar nas exencións:
Entidades recollidas no art. 2 da Lei 49/2002 do réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado (art. 15.3 Lei 49/2002):
Estatutos da sociedade adaptados á Lei 49/2002.
Certificado da Administración do Estado do exercicio do dereito de opción ao réxime fiscal especial.
Certificación acreditativa da súa inscrición no rexistro correspondente.
Constitución e transmisión de dereitos de servidume (art. 105.1 a Texto Ref. Lei HHLL):
Documento xustificativo do citado dereito.
Bens históricos nos que se realizaron obras de conservación, mellora ou rehabilitación (art. 105.1 b Texto Ref. Lei HHLL):
Identificación do expediente do Servizo de Urbanismo polo que se outorgou a licenza.
Xustificación de que as ditas obras foron a cargo do suxeito pasivo beneficiario da exención (facturas ou calquera documentación acreditativa)
A administración comprobará que o edificio teña unha antigüidade superior a 50 anos, que se encontra dentro do ámbito delimitado pola Xunta de Galicia como conxunto histórico artístico e estea incluído no catálogo do Plan especial de reforma interior da Cidade Vella e Pescaría con nivel de protección integral (DOG núm. 57 de 22/03/1984)
Institucións que teñan a cualificación de benéficas ou de benéfico-docentes (art. 105.2 c Texto Ref. Lei HHLL):
Estatutos da institución que acrediten a súa condición.
Documentación que hai que achegar nas bonificacións:
Bonificación do 20, 30,70 ou 95 % (dependendo dos ingresos da unidade familiar) nas transmisións a título lucrativo:
por causa de morte en relación coa vivenda habitual do/a causante
por pacto de mellora en relación coa vivenda habitual do/a mellorante (devindicacións a partir de 2021)
e a favor de descendentes e adoptados/as, cónxuxes e ascendentes ou adoptantes. Nos supostos de pacto de mellora a bonificación só se aplicará naqueles supostos nos que o/a transmitente se reserve o usufruto do ben. (art. 9.2 OF n.º 53):
En ambos os supostos requírese copia da última declaración do IRPF da unidade familiar (enténdense todas as persoas empadroadas co suxeito pasivo solicitante) incluído o causante/mellorante se formaba parte dela, ou autorización expresa por escrito para efectuar a consulta por parte da Administración municipal ante a AEAT conforme ao modelo que se facilita.
En ambos os supostos requírese copia da última declaración do IRPF da unidade familiar (enténdense todas as persoas empadroadas co suxeito pasivo solicitante) incluído o causante/mellorante se formaba parte dela, ou autorización expresa por escrito para efectuar a consulta por parte da Administración municipal ante a AEAT conforme ao modelo que se facilita.
Para presentar o modelo de solicitude 045 de beneficio fiscal no IIVTNU fai falta ter en conta o seguinte:
- Nos supostos en que a data de devindicación (data da constitución ou transmisión do dereito sobre o ben inmoble) teña lugar a partir do 01.01.2021 a solicitude que deberá presentar será esta:
mod 045 Solicitude de beneficios fiscais E Prorroga IIVTNU
Documentación para achegar na solicitude de prórroga:
Nas transmisións de bens a título lucrativo por causa de morte:
Identificación dos bens da herdanza do/a causante
Identificación de suxeitos pasivos (relación de herdeiros/as)
Certificado de defunción do/a causante
Nas transmisións de bens a título lucrativo por pacto de mellora:
Identificación do ben transmitido polo/a mellorante
Identificación de suxeitos pasivos (mellorados/as)
Como se fai?:
De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña
Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa, 21-22. C.P. 15001 A Coruña
Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Internet
Que se necesita?:
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación indicadas anteriormente.
Como se fai?:
A través da Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídas as persoas notarias e rexistradoras da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
No caso das exencións o prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a Administración municipal advertiraa de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a caducidade del.
No caso da bonificación nas transmisións a título lucrativo por causa de morte, en relación coa vivenda habitual, o prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 1 mes (art. 9.4 OF núm. 51)
Nas solicitudes de prórroga o prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 1 mes (art. 12.2 b OF núm. 53).
- Contra a resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal/ prórroga poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición. Poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, no idéntico prazo dun mes.
Non se poderán simultanear ambos os recursos. De producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible