Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos

O Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) é un imposto municipal directo e de carácter potestativo que grava a transmisión de calquera dereito real de gozo limitativo do dominio dun terreo de natureza urbana.

Feito impoñible:

Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poñan de manifesto como consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título.

Obrigado tributario:

Nas transmisións de terreos a título lucrativo (sucesión mortis causa, doazón, achega), é obrigado tributario o adquirente do terreo. En caso de transmisións a título oneroso (compravenda, permuta), o suxeito pasivo será o que transmita o terreo.

Tarifas do imposto:

A cota do imposto será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo do 25%.

A base impoñible está constituída polo incremento do valor dos terreos posto de manifesto no momento do deveño e experimentado ao longo dun período máximo de vinte anos.

Para a determinación da base impoñible terase en conta o valor do terreos na data de deveño do imposto conforme ao previsto no artigo 107 do RD lle 2/04, polo que se aproba o Texto refundido da lei de facendas locais.

Beneficios fiscais:

EXENCIÓNS

Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:

- A constitución e transmisión de dereitos de servidume.

- As transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico, ou fosen declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/85, de 25 de Xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Así mesmo están exentos deste imposto, entre outros:

- O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades locais ás que pertenza o municipio, así como os Organismos Autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter das Comunidades Autónomas e das devanditas entidades locais.

- O Concello da Coruña e as Entidades Locais integradas ou nas que se integre o mesmo, así como as súas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter aos Organismos autónomos do Estado.

- As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico docentes.

BONIFICACIÓNS

  • Bonificación do 20, 30, 70 ou 95 % (dependendo dos ingresos da unidade familiar) nas transmisións a título lucrativo por causa de morte ou por pacto de mellora en relación coa vivenda habitual do causante/mellorante, a favor de descendentes e adoptados, cónxuxes e ascendientes ou adoptantes. Nos supostos de pacto de mellora a bonificación só se aplicará naqueles supostos nos que o transmitente reserve o usufruto do ben. (art. 9.2 Ordenanza Fiscal nº 53).
    • Bonificación do 95% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é igual ou inferior ao IPREM
    • Bonificación do 70% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao IPREM e ata o dobre do IPREM
    • Bonificación do 30% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao dobre do IPREM e ata o triplo do IPREM
    • Bonificación do 20% se a renda neta da unidade familiar dividida polo número de membros é superior ao triplo do IPREM

- Entenderase por vivenda habitual aquela unidade urbana de uso residencial na que residise habitualmente o causante á data de falecemento, presumíndose como tal aquela en a que figure empadroado.

Para os efectos do gozo da bonificación, equipararase ao cónxuxe a quen convivise co causante con análoga relación de afectividade polo menos dureante un ano e acredíteo mediante certificado de inscrición no rexistro de Parellas de feito de Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión