Taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos urbanos.
O obxecto desta taxa é a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida e tratamento de lixo domiciliario e residuos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos.
Quen ocupe ou utilice as vivendas e locais situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo. Cando se trate de servizos prestados logo da previa solicitude, será suxeito pasivo a persoa solicitante, ou causante da prestación.
En caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo da Empresa Municipal de Augas, presumirase que é obrigado tributario a persoa titular do abono do servizo, e no caso de establecementos comerciais, a persoa a cuxo nome se presentase a comunicación previa ou a declaración responsable ou, se é o caso, a cuxo nome figure a licenza de apertura e os restantes tributos municipais que gravan a actividade desenvolvida.
Para as vivendas, despachos profesionais e de artistas utilizarase o sistema de cota fixa.
Os establecementos tributarán en función da actividade desenvolvida, da súa superficie e, no caso dos establecementos hostaleiros, do número de habitacións que posúen. As tarifas aparecen desagregadas no artigo 5 da Ordenanza fiscal núm. 06.
Regúlase unha exención na taxa para os contribuíntes beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), así como os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado.
Regúlase unha bonificación do 75% da tarifa prevista para as vivendas, naqueles casos nos que o obrigado acredite que os ingresos familiares obtidos por calquera concepto, non pasan do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
Outros trámites
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible