Taxa esixible polas actuacións municipais desenvolvidas con motivo da apertura de establecementos para verificar que reúnen as condicións requiridas polas ordenanzas municipais, lexislación urbanística e sectorial de aplicación. Considérase apertura: os primeiros establecementos, os traslados de locais, os cambios ou as ampliacións de actividade desenvolvida nos locais aínda que continúe a mesma persoa titular, os traspasos, transmisións, cesións, cambios de forma societaria, unións e fusións de empresas e cambios de denominación social. Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación.
As tarifas regúlanse no artigo 5 e no anexo da ordenanza fiscal.
Outros trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible