O Servizo de Xestión Tributaria pon á súa disposición o servizo de cita previa para a autoliquidación de plusvalías por persoas particulares. O obxectivo deste servizo é mellorar a atención das persoas contribuíntes porgramando a data e a hora que mellor se adapte ás súas circunstancias persoais.
Para que poidan ser atendidas, na Unidade de Rexistro e Información da rúa da Franxa, será necesario concertar cita previa; poderán facelo a través do formulario web adxunto ou a través do Servizo de Atención Telefónica do 010.
Importante: non serán atendidas as persoas que non efectuasen a dita solicitude previa, e terán como alternativa, para efectuar a autoliquidación do imposto, a Oficina Virtual do Contribuínte na que se poden efectuar tanto simulacións como xerar as autoliquidacións e as cartas de pago, e poderán realizar o pago a través dos medios e lugares indicados na seguinte ligazón https://sede.coruna.gob.es/pagos (entidades colaboradoras: Abanca, Banco Santander, Banco Sabadell, Caixabank, Banco Pastor e BBVA; Internet e aplicacións móbiles).
En aplicación dos artigos 14.2 a) e 14.2 c) da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, as persoas xurídicas, as xestorías, asesorías, economistas, avogados, notarios, rexistradores da propiedade ou mercantís e demais despachos profesionais que autoliquiden o Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) en nome propio ou de terceiras persoas deberán utilizar o servizo web da Oficina Virtual do Contribuínte na seguinte ligazón. Con todo, naqueles casos en que non resulte posible, por problemas técnicos alleos á persoa solicitante, a xeración da liquidación poderase poñer en contacto co servizo telefónico de atención á cidadanía 010.
Solicitude de cita: A través do servizo de atención telefónica 010 ou do formulario web que se adxunta. A concreción da hora da cita remitirase a través do correo electrónico facilitado ou ben a través do teléfono indicado na solicitude.Horario de cita previa: De luns a venres entre as 9 e as 14 horas.Lugar: Oficina de Cálea Franxa nº 20 (Servizos Económicos) 1ª planta.Tfno. de información: 010 - Horario de atención de luns a venres de 08.00 h a 20.30 h e sábado de 09.00 h a 14.00 h |
Documentación Necesaria
Para os efectos de poder realizar a autoliquidación do imposto deberá achegar a seguinte documentación, en función da modalidade:
Transmisión Inter vivos
Na modalidade inter vivos deberá achegar a seguinte documentación:
Transmisión Mortis Causa
Na modalidade Mortis Causa deberá achegar a seguinte documentación:
Ligazón a documentación relacionada
Formulario de solicitude
Acceso ao formulario de solicitude
Debe seleccionar no despregable :
Oficina: Rexistro Franxa; Trámite: Realización de Autoliquidación de Plusvalía
Tributos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible