9 de octubre de 2024
O 9.10.2024 foi inaugurada, na Casa da Cultura «Salvador de Madariaga», a exposición «60 anos do Instituto Cornide. Pensamento de cidade» organizada polo Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses. Presidiu o acto a alcaldesa Inés Rey García, que estivo acompañada do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, da directora do Instituto Cornide, Ana Romero, e do comisario da mostra, Emilio Grandío, entre outras persoas asistentes.
Tomando como fío condutor a historia e actividade do Instituto Cornide desde a súa fundación en 1964, en plena ditadura, a exposición destaca a evolución da cidade da Coruña nestes últimos 60 anos que significaron unha transformación total da urbe. A través de pequenos textos e de imaxes representativas vanse destacando fitos do desenvolvemento coruñés a través de seis bloques temáticos que van complementados cunha serie de vitrinas nas que se expoñen materiais seleccionados dos variados fondos documentais que custodia o Instituto.
A través da exposición pode apreciarse a sensibilidade e actuacións do Instituto, latexando ao ritmo dos problemas e da evolución da cidade na que se asenta, liderando proxectos, elaborando informes, potenciando a captación de novos fondos documentais e servindo á cidade desde as diferentes seccións nas que traballan as persoas que o integran.
Calle Durán Loriga 10. 15003 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible