Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que son as Naves do Metrosidero?

Trátase dun equipamento público de máis de 1000 metros cadrados destinado a dotar a cidade dun espazo plural, diverso e inclusivo para que os mozos de 12 a 30 anos poidan desenvolver as súas inquietudes creativas, produtivas, de investigación, de aprendizaxe e formación e lúdicas, tanto a nivel individual como colectivo.

As Naves do Metrosidero contan con espazos interiores e exteriores que posibilitan un uso polivalente e á vez integrador. Cada unha das tres naves que conforman o conxunto do proxecto ten unha natureza distinta, coa vontade de confluír nos espazos comúns de convivencia.

Como son os espazos das Naves?

Nave 1- Nave de aprendizaxe e obradoiros. Esta nave dispón de diferentes zonas versátiles.

Un gran recinto multiusos que inclúe pequenos espazos no seu interior - dotados de luz natural, ventilación, mobiliario móbil e pregable - nos que se desenvolven actividades, talleres e formación, tecnoloxía, deseño, videoxogos, xogos de rol e de estratexia, fotografía e todos aqueles temas de interese para a mocidade.

Tamén é un espazo que pode vincularse a actividades de ensaio, investigación, residencias artísticas, formación, produción e presentacións escénicas (circo, danza, teatro, música, poesía e outras relacionadas coas artes vivas, visuais e plásticas) .

Nave 2 - Nave de prácticas deportivas urbanas: un espazo orientado á práctica e a formación en deportes urbanos: skate, parkour e rocódromo.

Este espazo consta dun chan adaptado á práctica dos citados deportes urbanos e conta con todos os elementos precisos para a súa práctica. Dispón dunha parede vertical equipada como rocódromo, unha zona con módulos adaptados á práctica do parkour que inclúe elementos de agarre vertical en parede, unha mini rampla para a páctica de skate e dun espazo de estar onde tamén poden almacenarse os módulos que poidan servir para prácticas en exterior.

Nave 3- Nesta nave existen dúas zonas diferenciadas. Nunha atópase un dos puntos de Información Xuvenil da rede que existe na cidade que consta de dous postos de traballo e unha pequena zona para .pequenos obradoiros e "pílulas formativas" de interese xuvenil, impartidos polo propio persoal de Información Xuvenil. Nun segudo espazo atópase a zona de traballo do servizo de Mocidade que consta de mesa de reunións e zona de traballo polivalente para o persoal técnico do servizo.

Espazos exteriores e de convivencia: A sala "Invernadoiro " funciona como espazo integrador, de encontro, transición e uso común entre persoas con intereses diversos. É un espazo dotado con conexión a Internet e mobiliario versátil e móbil para poder adaptalo ás necesidades da mocidade e realizar diferentes tipos de actividades. É tamén unha perfecta zona para traballos grupais, zona de estudo (compatible con outros usos...)...

O exterior dispón dunha zona ampla e céspede artificial para poder gozar dunha reunión en grupo.

Como é o modelo de xestión?

As Naves do Metrosidero son un equipamento público municipal no que se poden experimentar sistemas e modelos de xestión plural. No espazo conviven servizos municipais, con programas e actividades públicas desenvolvidas por un equipo de dinamización propio, e espazos de autoxestión de actividades organizadas por entidades xuvenís, colectivos informais e/ou pola propia mocidade usuaria. Un espazo aberto 365 días ao ano e sete días á semana nun horario flexible e adecuado para o público ao que se dirixe e para as actividades que pode acoller.

As Naves do Metrosidero queren ser un espazo de referencia, que opera desde un concepto innovador nun equipamento único en Galicia e que aposta pola mocidade como suxeito activo e protagonista.

Horarios de apertura das Naves do Metrosidero

INVERNO

Mañás luns, mércores, venres e sábados: de 10.00 a 14.00 horas. Tardes de luns a domingo: de 17.00 a 22.00 horas

VERÁN

Mañás de luns a sábado: de 11.00 a 14.00 horas. Tardes de luns a domingo: de 17.00 a 23.00 horas

Datos técnicos

A superficie construída total é de 1.031,75 metros cadrados, e as superficies de cada unha das naves son:

Nave 1: 176,56m2

Nave 2: 402,97m2

Nave 3: 344,97 m2

Invernadoiro: 107,25m2

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión