Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os Locais de Ensaio

Os Locais de Ensaio do servizo municipal de Mocidade, ubicados no Coliseum contiguos á sala Túnel, son un servizo público a disposición da xuventude para que teña espazos axeitados en que expresar a súa creatividade, inquedanzas e manifestacións musicais.

Os obxectivos que presentan os Locais de Ensaio son:

  • Darlles resposta ás inquedanzas musicais da mocidade.
  • Propiciar os medios para que a xente nova con inquedanzas musicais, ben individualmente ou ben formando grupos, en todo caso novel, poida contar con locais acondicionados perfectamente para os seus ensaios.
  • Fomentar e potenciar a creación e a formación de grupos musicais.
  • Divulgar as actividades e iniciativas que poidan xurdir desde a xuventude que participa no proxecto.

PERSOAS DESTINATARIAS

Músicos noveis, tanto en grupo como individualmente

PERÍODO DE APERTURA

Os Locais de Ensaio permanecen abertos os 12 meses do ano, os sete días da semana (agás festivos).

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Este espazo para a mocidade está integrado por:

  • Tres locais de ensaio equipados con backline (batería, amplificador de baixo, amplificador de guitarra, equipo de micros...)
  • Unha sala de control con capacidade para gravar maquetas e ensaios.
  • Un ténico con coñecemento de son e sóftware informático especializado para realizar tarefas técnicas nas gravacións.

Ademais da cesión dun espazo de ensaio coordinado e controlado, preténdense ofrecer accións formativas e de exhibición das creacións dos grupos participantes, así como reforzar sinerxias non só entre os usuarios dos locais, senón tamén con proxectos similares no país e con eventos musicais no ámbito local.

  • Actividades formativas: desde os locais de ensaio proxectase un programa de formación continua para músicos noveis, composto por accións formativas específicas adapatadas as necesidades dos mozos e mozas que se inician no mundo dixital. Ademais, desde principios do 2013, iniciase un programa de saúde musical en colaboración con el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Colexio Oficial de Logopedas de Galicia e o Centro Gaes.
  • Actividades de exhibición: semestralmente, os grupos residentes nos Locais de Ensaio teñen a oportunidade de mostrar a súa evolución en concertos. Ademais, desde o 2012, a Área de Mocidade ven traballando para a colaboración directa dos grupos noveis nos grandes eventos da cidade: Tall Ship Race, Maratón Coruña42, etc...

HORARIO DE USO

O horario de apertura dos Locais de Ensaio é o que sigue:

  • De luns a venres, de 16.00 a 22.00 horas
  • Sábados, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas
  • Domingos, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

O uso dos Locais de Ensaio está supeditado á non coincidencia de eventos no recinto do Coliseum que puideran ser considerados incompatibles coa súa utilización. Esta continxencia sería notificada, sempre que sexa posible, cun mínimo de 5 días de antelación.

O horario establecido terase que respectar e deberase axustar ás franxas horarias reservadas para cada usuario/a. As persoas usuarias deberán ser puntuais á hora de finalizaren o ensaio.

O horario marcado para o ensaio incluirá o tempo de montaxe e desmontaxe dos instrumentos.

COSTE

Gratuíto

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Poderán presentar solicitudes para utilizar os Locais de Ensaio aquelas persoas que, a título individual ou en representación dun colectivo musical, precisen dun local para realizar os seus ensaios. Os grupos terán dereito a utilizar o equipamento 12 horas mensuais (3 horas á semana).

As solicitudes, xunto coa documentación anexa que se indica a continuación, deberán entregarse nas oficinas dos Rexistros Municipais:

  • Rexistro Municipal do Fórum Metropolitano
  • Rexistro Municipal de María Pita
  • Rexistro Municipal de Ágora
  • Rexistro Municipal de Novo Mesoiro
  • Rexistro Municipal do Palacio dos Deportes

Os modelos de solicitude poden ser descargados no blogue dos Locais de Ensaio locaisdensaio.blogspot.com, das webs www.coruna.es/participacion e www.coruna.es/cmix ou recollidos nos Espazos de Información Xuvenil, nos propios Locais de Ensaio e nos rexistros oficiais do Concello.

Xunto coa solicitude, haberá que achegar a seguinte documentación:

  • Volante de empadroamento ou resgardo de matrícula do centro educativo de, cando menos, a metade dos/as compoñentes do grupo
  • Fotocopia do DNI de cada membro do grupo
  • Permiso paterno/materno, ou do titor ou da titora, para as actividades de ensaio como para as outras actividades propostas polos locais de ensaio (gravación, exhibición e formación), cando os/as participantes sexan menores de idade.
  • Fotocopia do DNI da persoa que asine o permiso paterno/materno, ou do representante legal.

Semestralmente, renovarase a adxudicación de uso dos Locais de Ensaio, atendendo aos seguintes criterios:

1. Formar parte da listaxe de agarda sen posuír a condición de usuario dos locais de ensaio.

2. Ter feita a solicitude no período de inscrición marcado pola departamento de Mocidade para tal fin e cumprir todos os requisitos.

3. Grupos que, estando como usuarios nos locais de ensaio, volvan presentar a solicitude no período de inscrición e cumpran por esta orde, os seguintes requisitos:

a. Que todos/as os/as compoñentes sexan menores de 30 anos e acaden un 75% na asistencia no período anterior con todos os integrantes do grupo, ou ben o 90% de aproveitamento ainda que faltara algún integrante por ensaio. Ademais, alomenos un integrante do grupo terá asistido a un evento formativo do anterior semestre.

b. Que alomenos dous tercios dos/as compoñentes sexan menores de 30 anos.

c. Os grupos restantes que, cumprindo todos os requisitos, xa participasen como usuarios na anterior quenda de ocupación dos locais, incluidos aqueles grupos que foran apercibidos por un leve mal uso do servizo, ou tiveran un índice de asistencia insuficiente.

En caso de exceder a demanda á oferta, realizaríase un sorteo entre os grupos que formasen parte dos Locais na quenda anterior.

Antes do comezo de cada quenda semestral axendarase unha xuntanza con todos os grupos inscritos co fin de asignar os horarios de ensaio, segundo os criterios anteriormente expostos, citando a todos os integrantes dos grupos inscritos mediante e-mail.

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información dos Locais de Ensaio pode atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as persoas destinatarias.

Blogue: http://locaisdensaio.blogspot.com

Webs de información: www.coruna.es/participacion | www.coruna.es/cmix 

Facebook: Locais de Ensaio

Twitter: @Locaisdensaio

 

Ademais, os Locais de Ensaio teñen un regulamento no que se recolle toda a información referente ao servizo prestado e ás condicións de uso.

Este regulamento poderá descargarse no blogue http://locaisdensaio.blogspot.com e na web www.coruna.es/cmix

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión