21 de abril de 2025
Andainas guiadas na primavera por tres barrios da cidade coas letras e as músicas tradicionais como protagonistas
A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.
Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizamos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto).
Nas tres datas desta primavera aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, dos lugares máis descoñecidos ou invisibles da cidade relacionados coas cantareiras ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas. Internarémonos na historia da cidade, na literatura e tamén se falará da importancia da lingua nas letras do cancioneiro popular.
O calendario será o seguinte:
- Sábado 3 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 28 de abril) "A andaina das cantareiras: Rosa Casás, Eva Castiñeira e outras músicas da Coruña", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto
- Sábado 7 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 26 de maio) "As rúas que soan: da Pescaría ao Campo da Leña. Ópera ambulante", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto
- Sábado 14 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 9) "Historias ocultas da música popular: tras das pegadas de Manuel Cajaraville e as Pandeireteiras de Mens", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto
INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:
- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.
- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.
Actividades relacionadas
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
13/05/2025
17.00 horas
Aberto
Dende o 09/05/2025 ata o 13/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
13/05/2025
18.30 horas
Aberto
Dende o 09/05/2025 ata o 13/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
20/05/2025
17.00 horas
Pechado
Dende o 16/05/2025 ata o 20/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible