Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa Apego

Apego vai dirixido a vós, ás familias que vos estades a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenos e nenas ata 6 anos. Queremos axudar á socialización en galego e propoñervos o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo. Únete a nós no Apego, porque cremos no noso futuro.

Un agasallo para ti

Para esas familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, varios concellos de Galicia creamos o proxecto Apego. Se o vides coñecer, temos para vós, ou para ti, un agasallo de benvida con materiais e recursos moi útiles especialmente creados para este tempo de agarda e preparación.

Só tes que concertar unha cita con nós e atenderémoste encantados.

Que requisitos preciso?

Podedes recoller o voso agasallo no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña. O único requisito que pedimos é que acheguedes un documento asinado polos servizos sanitarios que acredite que estades esperando un bebé se aínda non @ tedes ou, no caso de adopcións, deberedes entregar a asignación do/a menor.

Xunt@s creamos un vínculo especial

Súmate a este proxecto colectivo para fortalecer o apego e o arraigo a través da lingua galega, a lingua propia de Galicia, a dos nosos pais, avós... a nosa. Ter un vínculo tan especial co voso fillo ou filla é a base para que medren como persoas seguras, honestas, estables e felices.

Que actividades realizamos no Concello da Coruña?

Con todo o agarimo do mundo, preparamos algunhas actividades para as gozardes as familias en conxunto. Aquí podes consultar as máis recentes .

Onde podes ter máis información?

Se precisas coñecer máis sobre o proxecto, que concellos formamos parte del e das actividades das que podes gozar noutras partes do país, podes pasar pola páxina apego.gal.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O Apalpador e a nena sen medo", da Xanela do Maxín, ás 17.00 h

    Cando:

    10/12/2024

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 06/12/2024 ata o 10/12/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta só. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O Apalpador e a nena sen medo", da Xanela do Maxín, ás 18.30 h

    Cando:

    10/12/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 06/12/2024 ata o 10/12/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta só. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión