Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Non perdas o vindeiro mércores 28 de decembro a Festa do Apego!
As crianzas de até os seis anos teñen unha cita nas vacacións de Nadal. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o Día do Apego, que se desenvolverá o vindeiro mércores 28 de decembro das 16.00 h ás 20.00 h no Centro Ágora.
O Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.
A inscrición será gratuíta.
Programa
Día do Apego: Brazolinda. Espazo de xogo Dende as 16.00 h ás 19.00 h na aula 8 haberá un espazo de entrada libre para coñecer a mostra de xogos para a primeira infancia.
Día do Apego. "Derriba da Lúa", de Rilo e Penadique Unha actividade dirixida a crianzas de 0 a 3 anos que durará arredor de 30 minutos.
Día do Apego: "Toupiciencia" Unha actividade dirixida a crianzas de 3 a 6 anos que durará arredor de 40 minutos.
Día do Apego: "Saaabor!", de Fran Rei e Félix Rodríguez No auditorio poñerémoslle o ramo á festa cunha actuación dunha hora de duración. Entrada libre ata completar a capacidade.
Podedes consultar as condicións de cada unha das actividades, así como o xeito de inscrición, na nosa axenda.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible