Contos, cancións e historias da man de Caxoto.
Familias, Infancia
12/09/2023
Xa rematou
Dende o 08/09/2023 ata o 12/09/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata os 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
35 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Xan, dono dunha granxa, terá un problema co seu galo que pode condicionar toda a vida cotiá da granxa. a través de pequenas historias, cancións e contros, Xan intentará arranxar o funcionamento da súa granxa.
Un dos nosos narradores orais favoritos, Caxoto, volve ao noso programa Apego cos petos cheos de contos, música e bo humor para toda a familia.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible