Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

"A andaina das cantareiras: Rosa Casás, Eva Castiñeira e outras músicas da Coruña", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas

A quen vai dirixido?:

Maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 28/04/2025 ata o 02/05/2025

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Horario:

11.30 horas 

Duración:

1.30 h aprox.

Enderezo:

A Coruña

Número de prazas:

55

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizamos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Nas tres datas desta primavera aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, dos lugares máis descoñecidos ou invisibles da cidade relacionados coas cantareiras ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas. Internarémonos na historia da cidade, na literatura e tamén se falará da importancia da lingua nas letras do cancioneiro popular. 

A primeira das andainas será o sábado 3 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 28 de abril ata o venres 2 de maio) "A andaina das cantareiras: Rosa Casás, Eva Castiñeira e outras músicas da Coruña". Nesta andaina, entre outras informacións, farase referencia á zona na que residiu a homenaxeada Eva Castiñeira, camiñaremos polo lugar onde a familia de Rosa Casás tivo un negocio ou onde se orixinaron os grupos Luar na Lubre e Os Papaqueixos. 

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Próximas inscricións

  • "Dende Rosalía ata as cantareiras", da Xanela do Maxín, ás 17.00 h

    Cando:

    27/05/2025

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Pechado

    Dende o 23/05/2025 ata o 27/05/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Dende Rosalía ata as cantareiras", da Xanela do Maxín, ás 18.30 h

    Cando:

    27/05/2025

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Pechado

    Dende o 23/05/2025 ata o 27/05/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "As rúas que soan: da Pescaría ao Campo da Leña. Ópera ambulante", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

    A quen vai dirixido?:

    Maiores de 16 anos

    Cando:

    07/06/2025

    Horario:

    11.30 horas 

    Inscricións:

    Pechado

    Dende o 02/06/2025 ata o 06/06/2025

    As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

    Enderezo:

    A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible