Concello da Coruña

Concello da Coruña

"A agra e o cemiterio de Santo Amaro", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto e Emma Pedreira

Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas

A quen vai dirixido?:

Maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/11/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/11/2024 ata o 08/11/2024

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Horario:

11.30 horas 

Duración:

1.30 h aprox.

Enderezo:

A Coruña

Número de prazas:

55

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis descoñecida da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

O calendario será o seguinte: sábado 9 de novembro, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 4) "A agra e o cemiterio de Santo Amaro". A andaina correrá a cargo de Xurxo Souto e a escritora Emma Pedreira. 

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión