Espectáculo teatral
Familias, Infancia, Para público en xeral
05/03/2024
Xa rematou
Dende o 01/03/2024 ata o 05/03/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, como "ganapán", "vagalume" ou "verme". As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto.
As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia.
As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiáns. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible