Narración oral e música en directo
Familias, Infancia, Para público en xeral
08/10/2024
Xa rematou
Dende o 04/10/2024 ata o 08/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias. Aventúranse xuntas nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e o álbum ilustrado infantil... Todo o repertorio vai da man da música, da alegría, dos animais e, por que non?, de certas animaladas... Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro: raposos, merlas, toupas, nenas, nenos... corredes con nós?
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible