Actividade dirixida aos centros públicos de ensino de primaria da cidade
Alumnado de primaria da cidade
Infancia
18/10/2023
Xa rematou
Dende o 02/10/2023 ata o 17/10/2023
As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros dende o día 2 de outubro ata que se esgoten as prazas.
10.00, 11.00 e 12.00 h
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
100 aprox. por función
De balde con inscrición previa
Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Programa Falamos de dinamización lingüística para os CEIP da cidade no outono de 2023
O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
OBXECTIVOS:
Co fin de conseguirmos estes obxectivos, o mércores 18 de outubro de 2023 imos desenvolver a seguinte actividade no auditorio do Centro Ágora:
Cada centro só poderá asistir a unha función (que terá unha duración aproximada de 45 minutos). A cada pase só poderán asistir 2 centros (por orde de inscrición) con 50 alumnos/as como máximo, mais o profesorado acompañante. A inscrición faraa cada colexio dende o luns 2 de outubro ata que se esgoten as prazas, a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta do centro.
"Mil maxias máis", do Mago Antón é un espectáculo para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que o alumnado e profesorado espectador lembre a importancia que ten a palabra en galego.
A maxia é moito máis ca unha actividade de lecer ou unha industria cultural, é unha arte escénica que, ademais de sorprender, divertir e emocionar, pode e debe contribuír a que a fala, que é o don máis prezado que temos como galegas e galegos, non desapareza nunca. Foi Álvaro Cunqueiro, un gran mago da palabra, quen falou das "mil primaveras máis para a nosa lingua". Parece cousa de maxia dicir tanto con tan só tres palabras.
Este espectáculo quere ser unha homenaxe a Cunqueiro e tamén a todas as mulleres e homes que -cultivando a literatura, as artes, a música, ao longo da historia- sempre tiveron presente que a nosa fala era unha especie de variña máxica que tiñamos nas nosas mans para facer que Galicia durase mil primaveras máis.
Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible