19 de setembro de 2023
Non perdas o vindeiro venres 22 de setembro a Festa do Apego!
As familias con crianzas teñen unha cita ao volver das vacacións do verán. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se celebrará o vindeiro venres 22 de setembro ás 17.00 h nos Xardíns de Méndez Núñez (entre a estatua de Curros Enríquez e o Palco da Música.
O Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.
A asistencia será gratuíta e sen necesidade de inscrición. Estaremos a cuberto baixo unha carpa!!
Haberá dúas actuacións musicais:
Teremos un espazo de información do Programa Apego. Agardámosvos!
Magín Blanco coa súa banda ofreceranos a actuación musical do espectáculo "Gatuxo". A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que a rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, unha metáfora do crecemento da crianza. O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.
Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos e dálles o seu toque particular, desde A Carolina "rapeada" ata O Ghato "rockeiro"... e dutros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia ou o tango. Todos eles moi dinámicos, facendo que todas e todos os nenos presentes sexan partícipes deste "des-concerto", cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible