Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercado Municipal de Elviña

Enderezo:

Avda. Salvador de Madariaga 9. 15008 A Coruña

Como chegar:

Localiza o mercado no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos esta información serache útil:

Liñas de bus urbano: Avda. Salvador de Madariaga 1A e 12A

Teléfono:

881 888 069

Servizos:

Aparcadoiro, WIFI e adaptado a persoas con mobilidade reducida

Horario:

8.00 a 16.30 h

O mercado tradicional de abastos de Elviña inaugurouse a principios da década dos 70, aínda que nun principio este edificio ía albergar un centro de congresos e exposicións.

A antiga praza de Elviña, con capacidade para máis de 100 postos, despois de máis de 25 anos en funcionamento presentaba numerosas deficiencias, ademais de ter unha imaxe deteriorada e antiga. Os locais e postos de madeira sufrían humidades e non había ascensores para subir á segunda planta, o que dificultaba o acceso para as persoas maiores. Por isto, expúxose a súa demolición e a construción dun novo recinto máis moderno e cunhas condicións hixiénico sanitarias máis completas.

En maio de 2006 o mercado de Elviña inaugurou as súas novas instalacións integradas nun centro comercial que supera os 8.000 metros cadrados de superficie e que inclúen un aparcadoiro subterráneo con capacidade para máis de 200 vehículos.

O novo mercado de Elviña está composto por 46 postos distribuídos nunha mesma planta de case 2.300 metros cadrados. O mercado conserva servizos como o de cafetería e o salón de peiteado e conta con 16 establecementos dedicados á pescadería, seis a carnicería, un posto de conxelados, cinco fruterías, tres panaderías, catro pollerías, un local de venda de queixos e oito locais comerciais.

  • Elviña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta", de Polo correo do vento, ás 17.00 h

    Cando:

    26/11/2024

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 22/11/2024 ata o 26/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta", de Polo correo do vento, ás 18.30 h

    Cando:

    26/11/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 22/11/2024 ata o 26/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión