Espectáculo teatral
Familias, Infancia, Para público en xeral
27/02/2024
Xa rematou
Dende o 23/02/2024 ata o 27/02/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
17.00 horas
55 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
O poder de Amabel está inspirada na novela infantil de Érica Esmorís, editada por Sushi Books. A autora foi galardoada co premio "Merlín 2015" por Nena e o mar.
Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos; eses aos que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
O poder de Amabel fala sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e, sobre todo, a aceptación de nós mesmas/os.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible