Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

Contos con música

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

23/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

17.00 horas 

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

30 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete... Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito... A quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. As cativas e cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta na que gozar en familia.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión