Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paseo pola Coruña Literaria con Antonio M. Fraga

Un paseo sensitivo cara a santoamaro guiado polo escritor Antonio M. Fraga

A quen vai dirixido?:

Público a partir de 12 anos. 

As persoas menores de idade virán acompañadas por unha persoa adulta. Ambas deberán inscribirse.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/10/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/10/2021 ata o 15/10/2021

A inscrición comezará o luns 11 de outubro. 

A actividade está dirixida a público a partir dos 12 anos (menores de idade, en compañía dunha persoa adulta).

Só tedes que nos enviar un correo electrónico a inscricionslingua@coruna.gal co asunto "Inscrición Paseos" e os vosos datos de contacto.

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Saída ás 12.00 h dun lugar por determinar que se indicará no momento da inscrición.

Duración:

1 hora aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Un roteiro sensitivo cara a santoamaro guiado por Antonio Manuel Fraga

Data: 16 de outubro, ás 12:00 h

Un verán componse de vivencias que procesamos a través dos sentidos. Aquel verán sinalado en vermello como "o verán das nosas vidas" fórmase a través de imaxes; mais tamén de sons como os da música que escoitamos; dos distintos olores que ateigan o aire estival; do sabor da comida que, nesa época, sabe mellor; do tacto da area, do mar, das peles...

Propóñovos unha viaxe intensa que percorrerá as sensacións que os doce personaxes de santoamaro acumularon ao longo do seu verán. Interpretaremos así colectivamente a súa historia; porque na vida, coma no teatro, non hai dúas representacións que acaben do mesmo xeito.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa AELG.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

O número máximo de participantes é de 25 persoas.

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
  • Recoméndase o uso de máscara sempre que non se manteña a distancia de seguridade.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Pelica de burra", de Vero Rilo e Luis Iglesias, ás 17.00 h

    Cando:

    12/11/2024

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 08/11/2024 ata o 12/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Pelica de burra", de Vero Rilo e Luis Iglesias, ás 18.30 h

    Cando:

    12/11/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 08/11/2024 ata o 12/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Maruxiña", de Laura Sarasola, ás 17.00 h (auditorio)

    Cando:

    19/11/2024

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 15/11/2024 ata o 19/11/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión