Recuperamos as camiñadas presenciais pola nosa cidade da man de escritoras e escritores.
Maiores de 16 anos
Para público en xeral
14/05/2022
Xa rematou
Dende o 09/05/2022 ata o 13/05/2022
12.00 h
1.30 h
55
De balde con inscrición previa
É necesaria a inscrición, que se abrirá o luns 9 de maio a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Normalización Lingüística
Concello da Coruña
Centro Ágora, lugar da Gramela, 17, 15010, A Coruña
Tel.: 981 184 200, exts. 34311 (Diego), 34310 (Xulia), 34321 (Manuel) e 34333 (Emma)
lingua@coruna.gal e inscricionslingua@coruna.gal
https://www.coruna.gal/lingua/gl
https://www.facebook.com/normalizacioncoruna/
Paseo con Manel Cráneo: "A Coruña, capital da banda deseñada galega"
A Coruña é a cidade galega coa máis intensa actividade arredor da banda deseñada. Nela naceu un dos pioneiros da banda deseñada en lingua galega da década dos 70 do século XX, Reimundo Patiño, xurdiron iniciativas pioneiras como as Xornadas de cómic que se realizaban no Fórum Metropolitano a primeiros dos 90, en 1997 créase o festival "Viñetas desde o Atlántico" e nesa mesma década, a cidade foi tamén pioneira no ámbito das librarías especializadas. As iniciativas de autoedición nos anos 2000 derivaron a creación de selos como Polaqia e posteriormente a primeira editora especializada en banda deseñada, Demo Editorial, selo que en 2015 crea a plataforma Coruña Gráfica para potenciar e dinamizar o panorama autoral local.
Manel Cráneo é un artista multimedia de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Como autor de cómic, centos de páxinas súas teñen aparecido en publicacións como BD Banda, Barsowia, Os Rústicos da Guadaña, Bravú, Viralatas ou Golfiño. Colaborou en volumes colectivos. Publicou os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006, con guión de Kike Benlloch), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009, reeditado en 2012), Cousas de mortos (Demo Editorial, 2012), A Fraga Milmañas (Demo Editorial, 2013, con guión de Carlos Amil) e Destino Hërgüss (Demo Editorial, 2015, dentro do universo do Planeta Mincha). A súa BD Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe, e foi producido tamén un capítulo piloto de serie de animación baseado no universo de Planeta Mincha. A súa obra expúxose en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida e obra de García Lorca (Granada, 1998).
Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) durarán arredor dunha hora e media e precisarase a inscrición previa.
As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible