11 de febreiro de 2025
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os meses de marzo, abril e maio, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.
Na Coruña témoslle Apego á lingua!!
Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!
Velaquí a programación para os meses de marzo, abril e maio de 2025:
Martes 11 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 7 de marzo, ás 10.00 h
Unha homenaxe ao pequeno comercio e ás tendas de barrio que lles achega ás crianzas o amor pola literatura e a lingua galega. Dous simpáticos libreiros, Bea Campos e Marcos Alonso, atopan os contos necesarios para cada persoa e ocasión.
Martes 18 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 14 de marzo, ás 10.00 h
Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, envoltorio agarimoso dun home orquestra para xogar, cantar e bailar cos nenos e coas nenas de colo.
Martes 25 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 21 de setembro, ás 10.00 h
Narración oral para a primeira infancia con mulleres protagonistas activas, fortes e intelixentes que non quedan paradas agardando que alguén as salve. Lembramos o conseguido e o que aínda queda por facer para termos un mundo máis xusto.
Martes 1 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 28 de marzo, ás 10.00 h
Os arrolos, nanas ou cantigas de berce son cantares infantís de cariz popular, de suave rítmica e melodía que acotío se acompañan de movemento ou un axóuxere. Obradoiro no que se reforza o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.
Martes 8 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)
Inscrición: a partir do venres 4 de outubro, ás 10.00 h
Nano é o maior e dá grandes chimpos de ra. Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe saltar, e Nano rise dela, pero ten celos porque agora todos os agarimos xa non son para el e quere ser pequeno outra vez. Contos con monicreques.
Martes 22 de abril, dous pases: 17.30 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 18 de abril, ás 10.00 h
Descubriremos a relación da música e a natureza a través dos instrumentos tradicionais e artesáns que crearemos coa materia prima máis elemental: pallas, follas, cabazas, plumas... para exercitar a coordinación e valorar a nosa contorna.
Martes 29 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)
Inscrición: a partir do venres 25 de abril, ás 10.00 h
Nova montaxe de espectáculo musical onde o autor, a través da voz e da guitarra e con humor, nos leva polas súas cancións máis aclamadas polo público infantil rockeiro galego, cantadas e contadas.
Martes 6 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 2 de maio, ás 10.00 h
A través da música e do humor, as personaxes de Marta e a píntega Oli viaxarán ao Mundo dos Contos e transformarán a nosa realidade nun lugar mellor onde confiaremos máis nas nosas propias capacidades.
Martes 13 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 9 de maio, ás 10.00 h
Leo, o león máis curioso da selva, un día decidiu ir dar un paseo polo bosque. Camiñando, atopou unha bolboreta, un paxaro carpinteiro e ras! Será capaz Leo, coa axuda das nenas e dos nenos, de descubrir toda a música que hai ao noso redor?
Martes 20 de maio, dous pases: 17.30 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 16 de maio, ás 10.00 h
Conto teatralizado no que coñeceremos as aventuras dunha nena valente e atrevida que vive no rural e está moi orgullosa do que descobre na natureza, das hortas e das fragas cheas de animais que ve ao seu arredor.
Martes 27 de maio, dous pases: 17.30 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 23 de maio, ás 10.00 h
Música, teatro, monicreques e narración para celebrar o Día das Letras exaltando a herdanza das mulleres homenaxeadas e sobre todo as deste ano, as cantareiras e a poesía popular oral.
Actividades relacionadas
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
13/05/2025
17.00 horas
Aberto
Dende o 09/05/2025 ata o 13/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
13/05/2025
18.30 horas
Aberto
Dende o 09/05/2025 ata o 13/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
20/05/2025
17.00 horas
Pechado
Dende o 16/05/2025 ata o 20/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible