27 de marzo de 2023
Actividade dirixida aos centros de ensino de primaria
Programa Falamos de dinamización lingüística para os CEIP da cidade 2023
O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
OBXECTIVOS:
Co fin de conseguirmos estes fins imos desenvolver a seguinte actividade para os CEIP municipais (ata esgotárense as prazas):
A actividade realizarase no auditorio do Centro Ágora para 330 persoas dos centros que a demanden (por orde de inscrición).
As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través de Coruña Educa na ficha de inscrición dende o día 27 de marzo ata que se esgoten as prazas.
Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante, cun máximo de 60 persoas por cada centro. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata que se complete a capacidade do auditorio.
Teatro Ghazafelhos é unha compañía nada na comarca de Ferrolterra no ano 2006 que se centrou no traballo de títeres, animación e teatro actoral e que se especializou na realización de obras teatrais para público familiar. Sorprende con cada nova produción, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia.
Dirixida por Pepablo Patinho, quen tamén forma parte do elenco xunto a Montse Piñón e Jorge Casas, nesta actividade, tres cociñeiros, Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem, son tres chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A cociña galega.
Bon appétit é unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso. Explosións, labazadas, persecucións, sustos, malos entendidos... son os ingredientes para unha comedia total en clave de clown.
Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible