21 de marzo de 2022
Actividade dirixida aos centros de ensino secundario
Programa Falamos de dinamización lingüística nos centros de ensino secundario da cidade 2022
O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o programa Falamos secundaria.
OBXECTIVOS:
Co fin de conseguirmos estes fins imos ofrecer as seguintes actividades para desenvolver nos centros de educación secundaria (ata esgotárense os pases):
Realizaranse nos propios centros que as demanden (por orde de inscrición a través da web de Educación municipal), entre abril e novembro de 2022. Terán unha duración de 50 minutos. Cada centro só poderá recibir unha actividade.
Organízase un espectáculo musical da cantante de Arzúa MJ Pérez, cunha conversa distendida sobre contidos sociolingüísticos --entre a propia MJ e mais Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago--, coas mozas e mozos dos 5 centros de ensino secundario participantes.
MJ Pérez é unha cantautora galega que leva en activo dende 2013 e acumula case 200 concertos por diferentes cidades e vilas galegas e portuguesas, así coma 4 discos, varios sinxelos e diversas colaboracións con outros proxectos. A súa traxectoria e traballo caracterízanse por unha gran carga de personalidade e enxeño. A súa música navega entre diferentes estilos mais sempre cunha voz característica e letras e historias que definen a súa personalidade. Ao longo do seu percorrido recibiu diversos recoñecementos, entre os que destaca o premio Xuventude Crea 2017 e o Premio Martín Códax na categoría de Canción de Autor/a en 2021, logo de ser finalista nas edicións anteriores.
Manuel Núñez Singala é director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e escritor. Entre as súas obras destacan algunhas nas que se lle presta unha especial atención á cuestión da normalización e extensión do uso do galego dende un punto de vista divulgativo e accesible, como En galego, por que non? (Galaxia, 2009) e Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüismo na infancia e na idade adulta (Galaxia, 2017).
Carlos Dorado Gayo (coñecido artisticamente como Qar ou Qaramelo). Qaramelo é un estudo independente de videoxogos que comezou a operar en 2021. Aínda emerxente, Qaramelo xa ten varios proxectos publicados e activos, mais o que máis deu a coñecer o seu nome foi a colaboración co grupo de garaxe Terbutalina, co título "Turbotalina", xogo de condución arcade presentado en píxel art. Qaramelo é un estudo unipersoal, xa que o seu máximo responsable e programador é Carlos Dorado, natural de Ourense e un talento indiscutible do mundo dixital en Galicia e en galego.
Iria Veiga é unha médica psiquiatra e divulgadora científica ferrolá. Exerce a psiquiatría no Hospital da Barbanza e mantén o blog "O outro lado do espello". Tamén colabora cunha columna de opinión na que fala sobre ciencia en Nós Diario. Interveu en diversas iniciativas relacionadas coa lingua e a divulgación científica, como Escépticos no Pub, Pint of Science, Naukas Coruña, Concienciadas, LGx15, O galego a miña lingua propia e o podcast Burán. Actualmente mantén a canle de Twitch Balea Vermella, xunto a Javier Balea, na que realizan entrevistas e conversas sobre ciencia.
Nuria Vilán é unha das poetas emerxentes máis destacadas do panorama lírico galego. Falará co alumnado sobre a súa traxectoria, onde destacan os seus recitais de spoken word e improvisación -como Nuria Vil-, e a recente publicación do seu primeiro poemario, Simún. Descubrirá as posibilidades expresivas da poesía dunha forma dinámica, compartiranse contidos audiovisuais para reflexionar sobre a violencia, o feminismo, o racismo, a liberdade de expresión, o acoso e a dificultade de transitar a adolescencia e enfrontarse ao mundo.
Inscricións en: https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/falamos-secundaria-nos-ies-da-cidade-2021-22/contenido/1453767076480
https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php
O Servizo de Normalización Lingüística actuará como intermediario para as inscricións e contacto cos centros de ensino e as/os artistas.
Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es
Avda. . A Coruña
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
22/10/2024
17.00 horas
Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
22/10/2024
18.30 horas
Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
29/10/2024
17.00 horas
Dende o 25/10/2024 ata o 29/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible