9 de marzo de 2018
O primeiro dos paseos con Yolanda Castaño abre a inscrición o vindeiro 12 de marzo.
Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto xa teñen datas e portagonistas para esta primavera.
Volven os Paseos pola Coruña Literaria para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores. Os tradicionais paseos, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto á a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, prolongaranse durante os meses de marzo a xuño e terán como primeiros protagonistas neste 2018 a Yolanda Castaño, Xosé Iglesias, Siro López e María Solar, que repite connosco dadas as solicitudes do ano pasado.
O primeiro dos paseos pola Coruña literaria terá unha das figuras máis destacadas da literatura galega actual, Yolanda Castaño e levará como título "A saúde dos poetas". Será o vindeiro 24 de marzo ás 12.00 horas e a poeta coruñesa faranos un percorrido pola súa Coruña, "porque as xeracións non só se len, tamén se viven, porque as poetas son animaliños que poden saír tanto nos libros de texto coma nos bares da noite, alguén que se sente acompañada polo luxo canalla de toda unha cuadrilla tan humana coma divina fainos un percorrido polas súas autoras contemporáneas, e antes que nada compañeiras"
Os seguintes paseos pola Coruña literaria terán as datas seguintes:
Datas de inscrición nos Paseos pola Coruña Literaria
Os Paseos pola Coruña literaria son unha actividade gratuíta organizada polo Concello da Coruña coa Asociación de Escritoras/es en Linga Galega. Cada un dos paseos está limitado a 55 prazas e é necesaria a inscrición, que se pode facer de xeito presencial na Conserxaría do Centro Ágora, no teléfono 981 189 888 (a partir das 9.00 h) ou enviando un correo electrónico a lingua(a)coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
A inscrición para cada un dos paseos abrirase nos seguintes días:
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible