Concello da Coruña

Concello da Coruña

“Zapatos”, de Caramuxo Teatro, ás 17.00 h (aprazada de novembro)

Espectáculo para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

12/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

Esta actividade tivo que ser aprazada en novembro por enfermidade da actriz. As inscricións daquel día serven igualmente para esta nova data. Se alguén confirma que o martes 12 de decembro non pode asistir, abriranse esas prazas a unha nova inscrición.

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade. Non se poderá entrar á actividade no auditorio unha vez que empece a función. 

Horario:

17.00 horas 

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Unha historia fantástica sobre os zapatos que non teñen dono e xa ninguén usa, de todos os tamaños e cores. Unha posta en escena sinxela pero moi visual e de aprendizaxe para toda a familia.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión