5 de febrero de 2021
O Concello serigrafía a carpa do mercado provisional para a súa correcta identificación
Mentras duren as obras de reforma integral do mercado de Durmideiras, a actividade desta praza de abastos desenvolverase na carpa habilitada nas súas inmediacións. Esta carpa, de 150 m² e fabricada en aluminio e lona branca, xa conta coa serigrafía corporativa dos Mercados Coruñeses, o que permite a súa correcta identificación. Esta construción eventual conta cun investimento por parte do Concello de 87.500 euros.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible