Localiza o mercado no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos esta información serache útil:
Liñas de bus urbano: Rolda de Outeiro 7, 12A e 14
Aparcamiento y adaptado a personas con movilidad reducida
Luns a sábado de 08:15 h a 15:00 h
Mercado tradicional de abastos. Situado no corazón da Agra do Orzán, o Mercado das Conchiñas abriu as súas portas a mediados da década dos setenta.
Constaba dunha superficie construída de 5.004 metros cadrados distribuída en tres plantas, e o custo da súa construción ascendeu a un total de 30.000.000 millóns de pesetas.
No ano 2004 foi aprobada a reforma das instalacións, co obxectivo de garantir as condicións de vendas, así como dotar os postos das comodidades e as tecnoloxías necesarias na actualidade.
Na remodelación prevista da praza as novas fachadas serán de lousa e de zinc, a cuberta tamén de zinc e instalarase un ascensor montacargas eléctrico para 16 persoas e 1.250 quilogramos de peso. A concesión de licenza de obra para a reforma recaeu na empresa Servicios Cerámicos SL. O prazo de execución será de 12 meses e o orzamento de 1.972.552 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible