Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que somos?

A nosa cidade ten un total de 8 mercados municipais que desde sempre abasteceron a cidadanía da Coruña. Estes mercados son moi diversos: podemos atopar desde pequenos mercados de barrio a mercados de maior tamaño, referentes non só na nosa cidade, senón en toda Galicia, polo volume e a calidade dos produtos que podemos encontrar.

A Área de Innovación, Industria, Emprego e Consumo quere potenciar os mercados porque son un referente na nosa cidade e na sociedade coruñesa. Queremos amosar a calidade dos mercados potenciando a súa imaxe para favorecer o consumo responsable. O lema da nova marca dos mercados municipais déixao moi claro: "O valor do noso". Os mercados do futuro deberán ser centros nos que non só sexa posible mercar produtos de calidade e saudables, senón que sexan tamén puntos de encontro, de intercambio cultural e de lecer. O obxectivo é dinamizar os mercados para poñer en valor a súa importancia e a do consumo de produtos frescos e de calidade que podemos atopar e mercar neles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión