Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercado Municipal de San Agustín

Enderezo:

Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

Como chegar:

Localiza o mercado no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos esta información serache útil:

Liñas de bus urbano: Campo da Leña 6, 6A, 7, 4, 5, 11

Teléfono:

981 184 200

Servizos:

WIFI e adaptado a persoas con mobilidade reducida

Horario:

8.00 a 15.30 h

Mercado tradicional de abastos, situado fronte á praza do Humor.

O mercado de San Agustín, coa súa espectacular cuberta parabólica, converteuse en todo un símbolo da modernidade da Coruña nos anos trinta. É un dos edificios máis audaces, emblemáticos e coherentes co seu destino da primeira metade do século XX.

O mercado de San Agustín é obra de dous arquitectos fundamentais para a conformación da cidade herculina do século XX, Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro, ambos os dous arquitectos municipais cando asinaron o proxecto do novo mercado no ano 1932.

Os estudos apuntan a que os arquitectos municipais inspiráronse no mercado público da cidade francesa de Reims para crear esta estrutura con cuberta parabólica, todo un reto para a Galicia dos anos trinta. En Leipzig, Alemaña, existe un mercado de similares características.

A singular cuberta parabólica do mercado está formada por unha lámina de formigón de 15 centímetros de grosor na que se incrustan bandas de vidro.

Os profesionais da arquitectura non dubidan en cualificar o mercado de San Agustín como o «Guggenheim» galego da época. Na data da súa construción foi o edificio máis innovador, moderno e tecnoloxicamente punta construído en España. O proxecto, incluída a súa singular lámina de formigón, é un milagre arquitectónico nado das mans de dous profesionais que souberon desde un recuncho do norte de España conectar directamente coa vangarda europea que se desenvolvía naqueles anos

De feito, o mercado de San Agustín é unha das tres obras da Coruña incluídas no catálogo do prestixioso Docomomo (Documentación e Conservación do Movemento Moderno), un estudo elaborado pola Fundación Mies Van der Rohe no que tamén figuran a unidade veciñal de Elviña de Corrales e a Universidade Laboral.

  • San Agustín

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión