Concello da Coruña

Concello da Coruña

Como participar

COMO SE PODE PARTICIPAR?

Unha vez que descubriches Nocturnia e sabendo que é un programa que busca a participación nos diferentes procesos que leva, tes moitas formas de participar. Aínda non sabes cales?

  1. QUERES COMPARTIR UNHA SUXESTIÓN OU UN INTERESE?

Gústanos coñecer os vosos intereses, inquietudes e... as vosas ideas! Se queredes facernos unha suxestión para o programa podedes facelo a través das diferentes canles do programa:

  1. TES UN PROXECTO?

Durante os meses previos á realización do programa, ábrense períodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. A apertura destes procesos de participación adoita coincidir nos meses de xaneiro e setembro.

Os proxectos ou propostas presentadas articulan os catro eixes nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo) sendo estes flexibles atendendo ás propostas de cada edición.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, dni, mail da persoa que presenta a proposta (persoa responsable)
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
    • Colectivo non formal
    • Empresa / autónomo
  • Presentación persoal ou da entidade

DESCRICIÓN DA PROPOSTA

  • Presentación persoal, da asociación, colectivo ou entidade
  • Título e breve descrición da proposta
  • Obxectivos da proposta
  • Duración (nº de horas). As actividades serán puntuais e desenvolveranse nunha sesión.
  • Número máximo de persoas destinatarias
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Outras consideracións para ter en conta pola organización

ORZAMENTO DETALLADO

  • Datos de quen factura.
  • Custo de realización total do proxecto desagregando cada concepto que se factura
  • IVE desagregado e/ou IRPF
    • * NOTA sobre ou IVE: En caso de estar exentos/as de IVE, deberá aparecer ao final da factura o articulo que xustifica a exención. En caso de ter un IVE reducido deberá especificarse o motivo.
    • * NOTA sobre o IRPF: en caso de ter un IRPF reducido deberá especificarse o motivo.
  1. QUERES ASISTIR ÁS ACTIVIDADES?

Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición. Cada semana poderás escoller as actividades que sexan do teu interese. Podes ir a máis dunha actividade a condición de que non coincidan en horario. Lembra que para poder asistir ás actividades debes cumprir co requisito da idade, o que implica estar na franxa de entre 12 e 30 (ambos incluídos).

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realizase a través da web no apartado de "inscrición", habilitado desde o día que se abre o programa. A apertura de inscricións sucede cada luns ás 16.00 h e finaliza os xoves ás 12.00 h ou ata esgotar as prazas.

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información do programa pode atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as persoas destinatarias.

Información soporte 2.0

Webs de información:

www.coruna.gal/nocturnia

www.coruna.gal/mocidade

www.coruna.gal/informaciónxuvenil

Información soporte físico

A cartelaría e folletos do programa está dispoñible en:

  • Centro Municipal de Información Xuvenil
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Fórum Metropolitano
  • Rede de Centros Cívicos Municipais
  • Rede de Bibliotecas Municipais
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva da Torre de Hércules
  • Rede de instalacións Deportivas Municipais
  • Centros de Educación Secundaria Obrigatoria
  • Centros de Formación Profesional
  • Universidade da Coruña
  • Tecido asociativo da cidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión