Concello da Coruña

Concello da Coruña

A filosofía do coworking é a COmunidade, o COmpañeirismo, o COmpartir experiencias e COñecementos. Non é só participar nun espazo físico común, senón que é unha cuestión de actitude, de vínculo e compromiso, e onde, a través do reforzo dos obxectivos comúns, lógranse beneficios compartidos.

O coñecemento e o saber tecnolóxico amplifícanse ao deixar de ser un ben privativo, e a súa riqueza vese incrementada ao ser compartida dende diferentes ámbitos e intereses.

A versatilidade é total e favorécese a interactuación entre todas as persoas usuarias, que en todo momento participan da actividade xeral do centro, establecéndose un ambiente de emulación e xeración de ideas, caracterizado pola transversalidade e o intercambio.

A mobilidade do mobiliario, a capacidade de modificación dos espazos, mesmo ao longo do mesmo día, favorece a rotación de usos (mañá - tarde, ou diario - fin de semana).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión