Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
Imaxe composta de tres fotos de parellas e mans enlazadas sobre fondo de cor amarela, cos logos do centro de planificación familiar, do SERGAS e do Concello da Coruña

Centro de Planificación Familiar

O Centro de Planificación Familiar foi creado polo Concello da Coruña no ano 1983, cando a atención á saúde sexual e reprodutiva aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Os únicos centros que existían nese momento en Galicia eran os dependentes de Sanidade, un en cada provincia. Con esta iniciativa o Concello da Coruña trataba de dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis reclamadas pola comunidade e totalmente desatendida por aquel entón.

O centro é de titularidade municipal ata 1986, ano no que Concello e o entón INSALUD asinan un concerto polo que as dúas administracións se comprometen a mantelo. Este concerto segue vixente hoxe en día co Servizo Galego de Saúde, polo que na actualidade é o único centro no que están comprometidas dúas administracións: a municipal e a autonómica.

Cómpre resaltar que en 1994 iniciouse un programa de atención a adolescentes que chamabamos “Tarde Xove”. Tiña como obxectivo ofrecerlles ás persoas menores de 20 anos, un espazo propio para facilitar o acceso á información sexual e á anticoncepción. Participaban no desenvolvemento do programa o Concello e o Servizo Galego de Saúde. Dende o mes de agosto do ano 2009 o programa foi suspendido pola xerencia do hospital (CHUAC) do mesmo xeito que o resto das actividades hospitalarias de tarde, co que se perdeu o único programa deste tipo que había en Galicia.

Poboación que atendemos

Concello da Coruña

  • Todas as persoas que residan neste concello

Concellos de Cambre, Carral, Oleiros e Sada

  • Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde en calquera destes catro concellos

Outros concellos da área sanitaria da Coruña

  • Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde neses concellos serán atendidas no Centro de Planificación Familiar do Centro de Especialidades do Ventorrillo (teléfono 981 142 800). Cando precisen atención xinecolóxica serán derivadas a este centro, xa que o SERGAS mantén o Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo sen especialista en xinecoloxía dende xaneiro do ano 2013.
Obxectivos do centro

Obxectivos do centro

  • Promover a saúde afectivo-sexual mediante a educación, nun clima de liberdade, respecto e aceptación das opcións afectivo-sexuais de cada persoa, que permita gozar libremente da sexualidade e da afectividade.
  • Defender os dereitos sexuais e reprodutivos, porque son dereitos básicos das persoas.
  • Ofrecer un servizo de calidade, onde as persoas poidan acudir a pedir información ou axuda de calquera tipo, para mellorar a súa sexualidade e afectividade, para a prevención dos embarazos non desexados e das infeccións de transmisión sexual, para a interrupción voluntaria do embarazo...

Contacto

Horario de Atención

  • Luns, martes, mércores e venres de 9 a 14 horas
  • Xoves de 11:30 a 14 horas

Motivos de consulta

  • Anticoncepción
  • Anticoncepción de urxencia
  • Interrupción Voluntaria do Embarazo e revisión posterior
  • Atención psicolóxica á problemática sexual e de parella
Unha man que lle dá un preservativo a outra man

Métodos anticonceptivos

  • Folleto general en castellano (219 KB)
  • Folleto xeral en galego (215 KB)
  • Folleto dirixido á mocidade (346 KB)
Cartel da actividade

Liberdade con cadeas

Dentro das actividades de promoción da saúde afectivo-sexual que o Centro Municipal de Planificación Familiar da Coruña vén facendo desde hai anos, queremos dar a coñecer o material didáctico Liberdade con Cadeas, sobre as diferenzas de valores e expectativas ligadas ao xénero, elaborado polo alumnado dos Institutos de Formación Profesional Tomás Barros e a Escola Pablo Picasso.

Unha parella mirando senllos reloxos

Anticoncepción de urxencia

Lugares onde se dá gratuitamente:

  • No teu centro de saúde, de luns a venres.
  • No Centro de Planificación Familiar correspondente. (Horario de 9 a 14 horas).
  • Nos puntos de atención continuada (horario de 15 h a 8 h, festivos todo o día)

Non vaias a urxencias do hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen este tratamento.

Sex-inform

Fundación Sexpol:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión