Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ordenanzas

Unha ordenanza é unha disposición ou mandato.

É un tipo de norma xurídica que forma parte dun regulamento e que está subordinada a unha lei.

A ordenanza municipal é aquela ditada pola máxima autoridade dun concello (alcalde ou alcaldesa) con validez dentro do municipio ou territorio.

Tradicionalmente fálase de Ordenanzas para referirse ás normas municipais con efectos sobre os cidadáns e de Regulamentos para as normas internas, de autoorganización. Con todo, trátase de dous termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria elaboradas polo Pleno dun Concello.

A aprobación das Ordenanzas e Regulamentos municipais, en xeral, axústase ao procedemento recolleito no art. 49 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local de 1985 (LRBRL) e as súas modificacións posteriores, e resúmese en:

  • aprobación inicial polo Pleno.
  • información pública e audiencia aos interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións.
  • resolución das reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo, e aprobación definitiva polo Pleno. Se non se formulou ningunha alegación considerarase definitivamente aprobada.

Na seguinte ligazón poderás consultar as ordenanzas municipais que máis afectan ao traballo diario da Policía Local:

Ver Ordenanzas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión