Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consellos e recomendacións para as actividades estivais referidas a churrascadas, sardiñadas e festas de San Xoán

Para realizar sardiñadas, churrascadas ou similares será necesario que as persoas interesadas lle presenten unha comunicación previa por escrito á Área de Seguridade Cidadá.

Recollemos uns consellos que che poden servir de axuda.

CONSELLOS BÁSICOS PARA REALIZAR GRELLADAS E FOGUEIRAS:

  • Se a grellada ou fogueira se fai na rúa, debe quedar paso suficiente para os vehículos de emerxencia.
  • NON facer fogueiras nas proximidades de:
    • colectores
    • vivendas
    • cristaleiras
    • vehículos
    • tubaxes de gas
    • cables eléctricos
    • vexetación
    • valos e
    • elementos que poidan arder.
  • Se a fogueira se fai no chan, cómpre cubrir o chan con area ou terra, cun grosor de 10 cm e nunha superficie superior de 1 m á base da brasa.
  • É imprescindible un extintor, unha mangueira, un cubo con auga ou un recipiente con area. nas proximidades da fogueira,
  • Non se debe utilizar ningún tipo de acelerante para acender as fogueiras, xa que podería incendiar os vestidos ou cabelos das persoas próximas.
  • Non se deben tirar bidóns, latas, aerosois ou similares nunha fogueira, xa que poden estoupar.
  • Lembra que estamos para pasar unha noite segura: se tes dúbidas sobre a seguridade da fogueira, chama ao servizo de bombeiros para facer unha revisión.
  • Lembrade os teléfonos de emerxencias:
BOMBEIROS 080
POLICÍA LOCAL 092
POLICÍA NACIONAL 091
EMERXENCIAS 112
EMERXENCIAS SANITARIAS 061
  • Ao terminar a festa, é necesario comprobar que o lume queda totalmente apagado.
  • Non baleirar as cinzas en colectores ata que estean ben apagadas.
  • Se celebras a festa na praia, recolle todo o que usas, hai colectores para depositalo, en especial o cristal. Ao día seguinte haberá bañistas que utilicen a praia.

SOBRE O COMBUSTIBLE PARA UTILIZAR:

  • Evitar material que arda con dificultade ou conteña produtos químicos.
  • Evitar queimar papeis ou materiais téxtiles que voen facilmente.
  • Evitar queimar mobiliario da casa con material sintético (sofás, colchóns etc.).
  • Non utilizar: madeiras pintadas ou vernizadas, pneumáticos, colectores, plásticos e papeis.
  • A madeira utilizada debe estar desprovista de cravos, puntas ou similares. Debémola transportar en pequenas cantidades, para iso débense utilizar carros ou mochilas.

SOBRE SEGURIDADE:

  • Non preparar en vías públicas sen autorización municipal.
  • Non empregar gasolinas, alcol etc.
  • Non lanzar materiais que poidan estoupar: sprays, bidóns, latas etc.
  • Non cortar o paso da rúa. Asegurar o paso de vehículos de emerxencia.
  • Poñer groso de area sobre o asfalto.
  • Separar o lume e fume que se produza polo menos a 5 m de coches, fachadas, mobiliario urbano e liñas eléctricas.
  • Ter sempre un extintor á man (ou outro medio de extinción). Ao apagar a fogueira ou lume das "sardiñadas" asegurarse que esta queda totalmente apagada.
  • Recoller a roupa que teñamos tendida e pechar as portas e xanelas da casa.

SOBRE SALTAR AS FOGUEIRAS:

  • Non intentar saltar fogueiras moi grandes ou con lume moi alto e vivo.
  • Ter coidado cos saltos das fogueiras veciñas.
  • Se sodes moitas persoas organizar unha fila e gardar unha orde. Esperade a que quen salta diante se apartase completamente.
  • Se saltades facédeo sen nada que vos moleste. En todo momento evitar a roupa frouxa e nunca levar cousas na man.

USO DE PETARDOS:

  • Usar unicamente os que teñan a mecha completa.
  • Acender sempre polo extremo da mecha.
  • Non introducilos en botellas, latas, ladrillos etc.
  • Non tirar preto de material combustible.
  • Usalos sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta.

CONSELLOS BÁSICOS EN CASO DE QUEIMADURAS:

  • Afastar á vítima da fonte de calor.
  • En caso de ter a roupa queimada non retirarlla.
  • Se a roupa da vítima está en chamas intentarase apagar cubríndoa cunha manta ou facéndoa rodar polo chan, preferentemente por zona areosa. Impedir que a vítima corra.
  • Arrefriar a zona afectada con auga.
  • Alertar os servizos de emerxencia en queimaduras importantes.
  • Non usar pomadas, non romper bochas, non utilizar xeo nin auga xeada para arrefriar a queimadura e non cubrir con apósitos adhesivos nin algodón.
  • É recomendable que toda queimadura reciba atención médica, salvo que o seu diámetro sexa inferior a 2 cm.

CONSELLOS BÁSICOS DO ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO:

  • Os fogos artificiais e as celebracións van da man. Pero os fogos artificiais poden ser perigosos e ocasionar graves queimaduras e lesións nos ollos.
  • É conveniente acudir coa antelación suficiente para gozar do espectáculo de fogos artificiais, polo menos uns 30 minutos antes.
  • Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do evento e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar onde se están lanzando os fogos. De feito, a mellor vista para gozar do espectáculo pirotécnico é a 100 metros de distancia ou moito máis alá.
  • No caso de acudir con nenos/as  pequenos/as (non levar nunca bebés con carros etc., por propia seguridade) é conveniente chegar axiña para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior comodidade.
  • En caso de sentirse mal (lipotimias, mareos) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, solicitarlle asistencia ao equipo de persoal sanitario, cuxos compoñentes estarán situados de forma estratéxica ao longo da barreira de seguridade.
  • Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados na dirección do vento, que caian restos de cinza. En caso de introducirse nos ollos, convén enxaugar con auga abundante e non restregarse.
  • Aínda que é raro que ocorra, se un compoñente do lume artificial cae ao piso sen estoupar preto de ti, non se debe tocar, nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e estourar). Hai que avisar inmediatamente o persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros, Protección Civil etc. Nunca o manipules.
  • Deixar as mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e adoitan ser moi desagradables para elas, en especial para os cans.

MOBILIDADE E SEGURIDADE:

  • Recoméndase non utilizar o vehículo na zona centro.
  • Observe que o seu vehículo non está situado preto dunha fogueira.
  • Se detecta unha fogueira que non cumpra as condicións de seguridade comuníqueo canto antes á Policía, Bombeiros ou Protección Civil.
  • Teña coidado cos seus obxectos persoais nas aglomeracións.

RECOMENDACIÓNS ANTE RISCO DE ASISTENCIA A ACTOS MULTITUDINARIOS:

  • Utilicen o transporte público, eviten o uso de vehículos particulares.
  • Non aparquen de forma que colapse a circulación porque evita unha posible vía de evacuación.
  • Collan as nenas e os nenos da man e é fundamental que leven unha etiqueta identificativa indicando nome, enderezo e teléfono por se se perden.
  • Ocupen, se é posible, lugares protexidos e na súa falta manteñan a distancia, non se aglomeren.
  • Eviten as bromas pesadas e o lanzamento de artefactos pirotécnicos entre o público, xa que está prohibido.
  • Ante unha emerxencia manteñan en todo momento a calma, non corran, camiñen.
  • Garden as distancias cos brazos, para evitar caer.
  • Eviten gritar, camiñen en silencio.
  • Se se lles cae algo ao chan non o intenten recoller, sigan camiñando.
  • Non vaian contra corrente e continúen na dirección que segue a xente, ata que accedan a espazos abertos e poidan cambiar de dirección.
  • Resgárdense dunha posible avalancha en patios, esquinas, coches, árbores etc.
  • En caso necesario solicítelles axuda aos servizos de seguridade. Siga en todo momento as súas indicacións e colabore con eles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión