CONSELLOS IMPORTANTES
-Extremar a precaución en calquera tipo de viaxe que se realice, sobre todo nas viaxes curtas e por estradas secundarias, onde podemos atoparnos con peóns, ciclistas, vehículos detidos...
-Antes de saír, realice unha revisión completa do vehículo, tendo en conta a inspección de todos os niveis como o estado da batería, o debuxo dos pneumáticos, a presión (incluída a da roda de reposto) e a banda de rodaxe, así como un recoñecemento do estado xeral do coche, como comprobar a limpeza de faros e pilotos, e o correcto funcionamento do limpaparabrisas.
-Examinar que levamos en correcto estado os elementos necesarios en caso de avaría: triángulo de sinalización de emerxencia, chaleco reflector, gato, correas, ferramentas e xogos de luces (recomendable), así como fusibles de reposto. Tamén é aconsellable dispoñer dunha caixa de primeiros auxilios e dunha lanterna, así como levar unha chave do vehículo de reposto.
-Comproba a documentación necesaria do vehículo, leva contigo o Permiso de Circulación, a ficha da ITV e a Póliza do Seguro, así como o recibo de pagar este último. En caso de saír fóra da UE, tamén necesitarás un permiso de condución internacional, a carta verde do seguro e un distintivo de nacionalidade para o seu vehículo.
-Planifica a viaxe con antelación e evita no posible os días de maior tráfico. Estuda alternativas a través dun mapa ou guía de viaxe e descansa antes de iniciar a viaxe, coloca a carga adecuadamente e evita os obxectos ou os animais soltos no interior do habitáculo, xa que en caso de freada brusca ou colisión, poden saír disparados.
RECOMENDACIÓNS XERAIS
- Nada de alcol se vas conducir.
- Respecta as normas de tráfico, e adecúa a velocidade ao tipo de vía.
- Utiliza sempre o cinto e a cadeira infantil se é o caso. Regula o repousacabezas correctamente (a parte alta debe coincidir coa zona superior da súa cabeza).
- Xa en camiño, lembra que podes atopar tráfico denso, polo que aumenta a precaución ante o risco de atopar retencións inesperadas.
- Mantén en todo momento a distancia de seguridade, circula sempre pola dereita, excepto para adiantar, volvendo canto antes a este carril.
- Prevé situacións de perigo con tempo suficiente, e indícallelo ao resto das persoas condutoras. Non intentes recuperar o tempo perdido na retención.
- Descansa cada dúas horas ou 200 quilómetros como mínimo, e non te fixes unha hora de chegada.
- En caso de avaría, sitúate na parte máis afastada da calzada, pon o chaleco reflector antes de saír do vehículo, coloca os triángulos de perigo e avalía a situación con moita precaución.
- En caso de observar ou sufrir un accidente, lembra a conduta PAS: Protexe a zona, Avisa as emerxencias e Socorre as persoas feridas en caso de gravidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible