Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os itinerarios integrados de inserción sociolaboral teñen como finalidade facilitar unha alternativa de emprego a persoas con dificultades de inserción, favorecer a inclusión social e a conciliación da vida persoal e laboral.
Os itinerarios defínense, no proxecto Rede Coruña Emprega II, como un proceso integral e personalizado polo que pasan as persoas en situación de desemprego, co obxectivo de facilitar a súa inserción sociolaboral.
Son perfís dos itinerarios integrados de inserción persoas en situación de desemprego e inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego, que ademais reúnan algún dos seguintes condicionantes asociados:
Mocidade menor de 30 anos sen formación habilitante
Maiores de 45 anos
En paro de longa duración
Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial
Persoas sometidas a malos tratos físicos ou psíquicos
Persoas en proceso de reinserción social
Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade
Inmigrantes ou emigrantes retornados
Coidadores e coidadoras non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia
Persoas pertencentes a outros colectivos en risco de exclusión social e laboral
Os Itinerarios Integrados de Inserción implican a posta en marcha dun procedemento de actuación que contempla o paso por diferentes fases descritas no cadro adxunto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible