Concello da Coruña

Concello da Coruña

BTX

Bono taxi

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Tramitación de axudas económicas, de carácter individual, para persoas cunha discapacidade que lle afecte gravemente á súa mobilidade e esta lle impida utilizar os transportes públicos colectivos, coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxi para os seus desprazamentos.

Bono Taxi convocatoria extraordinaria de 2024

Inscricións:

Dende o 10/10/2024 ata o 30/10/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade e lles impida utilizar os transportes públicos colectivos coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.

Requisitos:

Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións as persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia, ou Administración competente, que afecte gravemente á mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos. Esta condición debe quedar acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.

As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 3 anos.
  2. Residir no Concello da Coruña e constar como empadroado/a.
  3. Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente en que conste que a discapacidade afecta gravemente á súa mobilidade e lle impide utilizar os transportes públicos colectivos.
  4. No caso de que a persoa solicitante se atope en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS), Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), Mutualidade Xeral Xudicial (MUGEJU) ou outras entidades similares.
  5. Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular dun vehículo, segundo os datos rexistrados no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
  6. Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido nestas bases, superior ao 210% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) determinado pola Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2024, ou outra norma legal que o determine e vixente no ano 2024, tendo en conta o previsto na Base 28 das presentes bases reguladoras.
  7. Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), das obrigas fronte á Seguridade Social e das obrigas tributarias co Concello da Coruña.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería de Benestar Social

Máis información:

O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de trinta e un mil cincocentos euros (31.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.480.06.

Nesta convocatoria de axudas de Bono Taxi non se poderán outorgar subvencións por contía superior ao importe de 1.000,00 euros, computando o importe concedido da subvención municipal na convocatoria ordinaria, a cada unha das persoas beneficiarias, computados de forma individual por cada persoa e solicitude, de acordo co establecido no artigo 22.3 da LGS. En ningún caso, a suma das contías recibidas na convocatoria ordinaria e extraordinaria poderá superar a contía máxima establecida de 1.000,00 euros por persoa beneficiaria.

Presentación

Prazo de presentación:

De 10 ao 30 de outubro do 2024, ambos incluídos (BOP núm. 195 do 9 de outubro de 2024)

Documentación necesaria:

Solicitude:

Modelo normalizado de solicitude dispoñible nesta sede electrónica (modelo 124) de enchemento obrigatorio.

Consideraranse persoas membros computables da unidade de convivencia as seguintes:

  1. A/o cónxuxe ou parella de feito.
  2. As fillas e fillos menores de 18 anos, ou maiores desa idade incapacitados xudicialmente conforme á lexislación anterior á Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, ou respecto dos que se estableceron xudicialmente medidas de apoio atribuídas ás súas persoas proxenitoras despois da entrada en vigor desta lei, que convivan no domicilio.
  3. As persoas menores en situación de acollemento permanente ou preadoptivo.

En caso de persoas solicitantes menores de idade, a unidade de convivencia para considerar será a formada polas súas persoas proxenitoras ou titoras e as restantes fillas e fillos menores de 18 anos, ou maiores desa idade incapacitadas/os xudicialmente, que convivan no domicilio.

En caso de non autorizarse expresamente a consulta a algún dos apartados contemplados na solicitude específica (modelo normalizado 124) as persoas solicitantes deberán presentar a documentación (certificado, declaración ou outro documento acreditativo válido) que acredite o cumprimento do requisito correspondente:

En relación coa persoa solicitante:

  • Documento nacional de identidade, pasaporte ou tarxeta de identificación de persoa estranxeira, ou outro doculmento que acredite a identificación da persoa solicitante. Só no caso de non autorizar a consulta.
  • Existencia de resolución ou certificado de discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración equivalente no que conste que esta afecta gravemente á súa mobilidade e impide a utilización do transporte público colectivo. Só no caso de non autorizar a consulta.
  • Certificación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e o Concello da Coruña.
  • Certificación da Dirección Xeral de Tráfico de non titularidade de vehículos de tracción mecánica (persoas solicitantes maiores de idade). Só no caso de non autorizar expresamente a consulta.

En relación con todas as persoas membros da unidade de convivencia:

  • Certificado de empadroamento das persoas membros da unidade de convivencia.
  • Titularidade de prestacións económicas do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e/ou Servizo Público de Emprego (SEPE-INEM) das persoas membros da unidade de convivencia. Só no caso de non autorizar a consulta.
  • Información tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), correspondente ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do exercicio 2022 das persoas membros da unidade de convivencia. Só no caso de non autorizar expresamente a consulta.

Aquelas persoas que participaron na convocatoria ordinaria do ano 2024 só terán que presentar a solicitude de bono taxi, autorizando a consulta da información tributaria, de estar ao corrente no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e o Concello da Coruña e os datos da Dirección Xeral de Tráfico. Non terán que presentar de novo a documentación obrigatoria da solicitude específica de subvención de bono-taxi que fose presentada coa solicitude da convocatoria ordinaria da presente anualidade, coa condición de que teñan validez.

Con todo, no caso de non autorizar esta consulta, será preciso presentar os certificados actualizados de estar ao corrente no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e o Concello da Coruña.

Documentos relacionados

  • Mod 124 Solicitude de bono taxi 11/2023 (106 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.

Internet

Que se necesita?:

e-DNI ou certificado electrónico

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar o modelo 124 debidamente cuberto, e a documentación solicitada no caso de non autorizar expresamente o concello para a consulta de datos doutras administracións, e incorporar a firma electrónica ao final do proceso.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1282

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de seis meses, que se contarán a partir da data de publicación da convocatoria.

Sentido do silencio administrativo:

Sentido do silencio desestimatorio.

E despois?:

Os Bono Taxi serán entregados en soporte papel, polo importe total da axuda concedida, e con importes de 0,50 €, 1,00 € e 3,00 €.

Poderanse utilizar desde o momento da entrega ata o 31 de decembro de 2024.

As axudas para transporte en taxi son persoais e intransferibles. Para favorecer o control das axudas:

- As persoas beneficiarias deberán facer constar a súa firma no Bono Taxi.

- Os Bono Taxi serán entregados pola persoa beneficiaria da axuda á persoa titular do taxi, debendo ademais exhibir o seu documento oficial de identificación.

A persoa beneficiaria da axuda deberá abonar o importe restante ata a totalidade servizo, resultante da diferenza entre o valor dos bonos utilizados e o importe total facturado

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión