O Concello da Coruña pon a disposición das súas veciñas e veciños a posibilidade de efectuar todos os trámites relativos ao Padrón de Habitantes de forma telemática.
Nesta páxina atoparás unha breve descrición de cada unha das opcións e poderaste dirixir cara á tramitación dentro desta sede.
Darte de alta no Padrón Municipal ou cambiar de domicilio
Mediante este trámite poderás realizar calquera desas dúas xestións, tanto unha alta por novo/a empadroado/a no concello, como un cambio de domicilio se xa figurabas no noso Padrón. Faise sempre en dúas fases: obtención de borrador de folla padroal, en liña sen certificación, e presentación desta asinada e coa documentación necesaria, dispoñible tanto de forma presencial como telemática.
Modificar os datos que constan no Padrón
Mediante este trámite poderás poñer en coñecemento do concello calquera modificación dos datos persoais que constan no Padrón; sería o caso por exemplo dun cambio no documento de identificación, nome, apelidos, data de nacemento, sexo ou nivel de estudos. O cambio de domicilio debes facelo no trámite no trámite anterior.
Alta por nacemento
O INE comunícalle periodicamente ao concello a información das persoas nadas nel, que se incorporan ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se por algún motivo necesitas que o teu fillo ou filla recentemente nado/a se incorpore á túa folla padroal urxentemente, sen esperar á comunicación do INE, aquí poderás facelo de forma telemática.
Baixa por defunción
O INE comunícalle periodicamente ao concello esta información, que se incorpora ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se por algún motivo necesitas que o Padrón rexistre unha baixa por falecemento, sen esperar á comunicación do INE, aquí poderás facelo de forma telemática.
Renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras
Mediante este trámite, as persoas estranxeiras que cumpran certos requisitos poderán confirmar a súa inscrición no Padrón de habitantes contestando á petición que recibirán do concello.
Certificados de empadroamento sen DNI electrónico ou certificación dixital
Mediante esta opción poderán solicitarse certificados de empadroamento que serán remitidos polo concello.
Certificados de empadroamento con DNI electrónico ou certificación dixital
Mediante esta opción, tras validar o seu certificado electrónico, accederá ao servizo de obtención de certificados de empadroamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible