Concello da Coruña

Concello da Coruña

AIP

Acceso á información pública

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Contratación pública, Suxerencias, queixas, denuncias e información aos cidadáns

Materia:

Sector público, Trámites e xestións

Órgano responsable:

Concello da Coruña

Vixente:

Si

Solicitude de acceso á información pública.

Tal e como establece o preámbulo da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, "a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixes fundamentais de toda acción política".

Por iso, complementando a información pública que estará de forma permanente e accesible, ponse a disposición das persoas interesadas a Solicitude de acceso á información relativa ao presente órgano.

A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos estableceu o dereito da cidadanía para relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Posteriormente esta lei foi derrogada pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que ademais a actualizou.

A existencia de documentos nun arquivo electrónico facilita a transparencia pois permite ofrecer información puntual, áxil e actualizada aos interesados.

O Concello da Coruña, a través da súa Sede electrónica, incorporou o trámite electrónico de "Acceso á información pública" que recolle tanto a instrución municipal como a propia lei.

Na sede electrónica municipal ofrécese información relativa ao exercicio deste dereito de acceso, forma, prazos de tramitación e órganos competentes para resolver as ditas solicitudes.

Acceso á información pública

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o acceso a información pública.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da tenencia de alcaldía ou concellería da que dependa a área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada.

Máis información:

O órgano xestor será o da área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada. Se son varias, a que teña a parte principal.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

  • Solicitude: solicitude debidamente cuberta, na que ha de facer constar polo menos: a identidade da persoa solicitante, enderezo de contacto (preferentemente electrónico), a información que se solicita e, de ser o caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.
  • Documentación: documentación adxunta.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar a apartado "Documentación necesaria".

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude, que tamén se poderá descargar desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

  • Nesta sección a través do rexistro electrónico identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que desexe presentar coa solicitude, de ser o caso, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

1 mes, poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo da notificación previa á persoa solicitante.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse no prazo dun mes reclamación ante a Comisión de transparencia, órgano independente adscrito ao Defensor do Pobo, creada pola Lei do Parlamento de Galicia 1/2016 do 18 de xaneiro e cuxo Regulamento foi aprobado por RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016 que dispón a publicación do Regulamento de funcionamento da Comisión de Transparencia de Galicia. A Comisión ten a súa sede na rúa Hórreo, 65, 15701 Santiago de Compostela, páxina web www.comisiondatransparencia.gal e enderezo de correo electrónico: transparencia@valedordopobo.gal previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa.
  • As resolucións ditadas en materia de acceso á información pública son recorribles directamente ante a Xurisdición Contencioso-administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interposición da reclamación potestativa prevista.

Causas de inadmisión:

  • Que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.
  • Referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contenida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.
  • Relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.
  • Dirixidas a un órgano en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o competente, se for o caso deberá indicar na resolución o órgano que, ao seu xuízo, é competente para coñecer da solicitude.
  • Que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia desta lei.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión