VAFR2022
Telemático
Tramitación electrónica
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público
Sector público, Comercio
Si
Outorgamento de autorizacións do aproveitamento e ocupación de dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante durante as festas relixiosas.
Autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Festas relixiosas
Dende o 02/11/2022 ata o 15/12/2022
Persoas físicas e xurídicas
Tras a adxudicación, o concesionario terá que aboar a taxa correspondente de acordo coa Ordenanza aplicable, núm. 31.
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
A renuncia ao posto adxudicado supoñerá a exclusión automática das ofertas do/a solicitante presentadas ao resto de postos aos que concorra.
A renuncia ao posto adxudicado poderá dar lugar a:
Outra información que o concello considere de interese para a cidadanía
Prohíbense as prácticas cualificables como colusorias, consistentes en que unha mesma persoa presente unha proposición a título individual e participando á vez en diferentes sociedades ou entes sen personalidade xurídica, coa intención clara de controlar e monopolizar o posto obxecto de licitación. Resérvase en tal caso o concello a facultade de excluír as ofertas nas que se aprecie a súa existencia, logo da previa audiencia aos licitadores sospeitosos de tal conduta.
Normativas relacionadas
Órgano xestor:
Trinta (30) días hábiles desde a publicación no BOP
A recollida nos pregos que rexen esta convocatoria.
O "Arquivo A/sobre A: declaración responsable":
O "Arquivo B/sobre B: oferta económica":
Documentos relacionados
Obrigatoriamente, o Anexo II coa oferta económica debe presentarse en modo presencial nun Rexistro Xeral. Os anexos I e III poderán presentarse en modo presencial se se trata de persoas físicas; no caso de persoas xurídicas, deberán presentarse de modo telemático; como se establece no apartado "Documentación necesaria".
Nas oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras administracións públicas. Solicitando cita previa para a dependencia municipal en que vaia efectuar a presentación.
Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede presionando no botón "Tramitar en liña" da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: os ficheiros necesarios, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria". (Anexo I e Anexo III)
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un/unha interesado/a que estea obrigado/a a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1943
Lembre ter toda a documentación para anexar preparada.
3 meses
Desestimatorio
Recursos posibles:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible