ARIS
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
Vivenda e Rehabilitación
Si
Subvencións para a rehabilitación das seguintes actuacións:
Axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nos ARIs Grupo de vivendas María Pita , en Labañou, Ventorrillo -Casas de Franco, e Centro histórico
Dende o 27/02/2019 ata o 26/04/2019
Ningún
Titular da Concellería Delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
A contía das subvencións será a prevista na ordenanza municipal vixente.
Elementos comúns: De acordo co previsto na Ordenanza municipal vixente e en función dos ingresos dos solicitantes, poderase tramitar unha subvención adicional.
Normativas relacionadas
De 27 de febreiro a 26 de abril de 2019 .
Todas as subvencións:
Elementos comúns:
Obras en elementos privativos:
Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico así como os modelos de Declaración responsable e consulta datos integrantes de comunidade, Dec. resp. solicitantes subvención adicional, Dec. resp. e consulta de datos para locais, e Declaración responsable e consulta de datos, que tamén poderá descargalos desde esta páxina.
Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide apartado Onde se fai)
No que caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede clicando no botón ENVIAR da solapa PRESENTACIÓN.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Tres meses.
Desestimatorio
Corrección
Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial.
Xustificación
No seu momento haberá que xustificar o gasto efectivamente realizado.
Recursos
Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible