Concello da Coruña

Concello da Coruña

BFIVTM

Beneficios fiscais no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Tributario

Materia:

Facenda, Transporte, Sector público

Órgano responsable:

Economía e Facenda

Vixente:

Si

Concesión de beneficios fiscais no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

Poden ser de dous tipos: exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible, a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

(E.1) Vehículos conducidos por persoas con discapacidade

(E.2) Vehículos destinados ao transporte de discapacitados

(E.3) Tractores, remolques e semirremolques provistos dá Cartilla de Inspección Agrícola

BONIFICACIÓNS:

(B.1) Bonificación do 100% para vehículos históricos ou aqueles que, a 31/12/2015, teñan unha antigüidade mínima de 25 anos

(B.2) Bonificación do 60% durante ano matriculación e seguinte para vehículos híbridos

(B.3) Bonificación do 60% durante ano matriculación e seguinte para vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas

(B.4) Bonificación do 60% para vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO, durante ano matriculación e seguinte

Beneficios fiscais en IVTM

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.

Requisitos:

Dependen do tipo de beneficio solicitado

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Dirección de Área de Economía de Facenda e Réxime Interior

Presentación

Prazo de presentación:

A solicitude pódese realizar ao longo do exercicio e producirá efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódica, desde a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu goce.

Excepcionalmente, no caso das bonificacións, se se desexa que produzan efectos no mesmo período impositivo en que se produce a matriculación, a solicitude deberase presentar no prazo dun mes desde esta.

Unha vez concedida a exención ou bonificación, non é necesario renovala a menos que variase a situación da persoa interesada ou ben as condicións do vehículo.

Documentación necesaria:

En todos os casos

  • Modelo 041 de solicitude de beneficio fiscal en IVTM

Exencións E1: vehículos conducidos por persoas con discapacidade

  • Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte da persoa beneficiaria da exención (modelo en "Documentos relacionados")
  • Certificado oficial acreditativo do grao e a clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou o organismo competente da comunidade autónoma, en cada caso.
  • Permiso de circulación do vehículo (no que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva). Ademais, o domicilio do vehículo deberá coincidir co domicilio legal dela.

Exencións E2: vehículos destinados ao transporte de persoas discapacitadas

  • Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte da persoa beneficiaria da exención
  • Certificado oficial acreditativo do grao e clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou o organismo competente da comunidade autónoma, en cada caso
  • Permiso de circulación do vehículo (no que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva)

Exencións E.3: tractores, remolques e semirremolques provistos da Cartilla de Inspección Agrícola

  • Tarxeta de características técnicas do vehículo ou ficha técnica
  • DNI da persoa titular
  • Cartilla de Inspección Agrícola

Bonificacións B.1: vehículos históricos ou aqueles que, a 31/12/2015, teñan unha antigüidade mínima de 25 anos

  • Ficha técnica do vehículo, permiso de circulación/ou certificado expedido polo fabricante ou industria respecto da data na que o dito modelo deixou de fabricarse

Bonificacións B.2, B.3, B.4: vehículos híbridos, de motor eléctrico e/ou emisións nulas ou que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO

  • Ficha técnica do vehículo

Documentos relacionados

  • mod 041 Solicitude de beneficios fiscais IVTM (119 KB)
  • Declaración de uso exclusivo IVTM (101 KB)
  • Solicitude representación beneficio fiscal (157 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Os documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria", para o beneficio fiscal que se vai solicitar.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos incluídos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 041) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a modalidade de exención ou bonificación que solicita, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos/as notarios/as e rexistradores/as da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

IMPORTANTE:

Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de ter no seu ordenador o Modelo 041 de solicitude de beneficio fiscal en IVTM, dispoñible nesta mesma páxina, debidamente cuberto, xa que deberá achegalo a continuación.

Para que a súa solicitude sexa tramitada deberá achegar, ademais do citado Modelo 041, a documentación xustificativa do tipo de beneficio solicitado que se indica na apartado "Documentación necesaria".

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da *Ordenanza Xeral de Xestión*). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, a Administración municipal advertiralle que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
  • Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión