IAPP
Presencial
Inspectora
Medio ambiente
Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns
Si
O titular de licenza de animal potencialmente perigoso que resulte propietario está obrigado a inscribilo no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos existente no municipio onde resida habitualmente o citado animal.
Os datos do rexistro municipal serán comunicados polo Concello ao Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos, no prazo máximo de 15 días, contados desde o momento da inscrición dun animal potencialmente perigoso.
Inscrición de animal potencialmente perigoso no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos
Persoa física, maior de idade, propietaria do animal potencialmente perigoso.
Para solicitar a inscrición dun animal potencialmente perigoso é necesario ser propietario do animal e ser titular de licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
Na solicitude deberá sinalar se o animal teno para compañía ou garda, defensa ou caza.
A solicitude presentarase dentro dos quince días seguintes á obtención da correspondente licenza municipal para tenza dun animal potencialmente perigoso.
Taxa prevista na ordenanza fiscal nº 10 (por prestación de servizos de sanidade preventiva relacionados con animais de compañía e outros servizos de prevención): 6,18 euros.
Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade
Os datos que deberán constar, como mínimo, no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos serán os seguintes:
A omisión da inscrición no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos é constitutiva de infracción administrativa grave, podendo ser sancionada con multa de ata 2.400 euros , sen prexuízo das sancións accesorias previstas na lexislación vixente, entre elas, a confiscación e comiso do animal, así como a suspensión temporal ou definitiva da licenza para tenza de animais potencialmente perigosos.
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da de dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=342
Tres meses
Desestimatorio
Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible