PADEXTR
Telemático, Presencial
Tramitación electrónica
Rexistros e censos
Trámites online, Poboación e comunidades
Interior
Si
Este procedemento permite facer o trámite de confirmación que a lexislación prescribe para a cidadanía da Unión Europea e dos Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como dos que, sen pertencer a estes países, teñen cartón de residencia de réxime comunitario (por ser familiares de comunitarios) e aqueles que teñen autorización de residencia de longa duración.
O concello enviará un aviso ao seu domicilio de empadroamento cando teña que facer este trámite. Por tanto, é moi importante que teña actualizado no Padrón o seu enderezo habitual pois pola contra non poderá recibir este preaviso.
En resposta a ese preaviso, poderá realizar a confirmación de dúas maneiras:
En caso de non realizar a confirmación de residencia, iniciarase un expediente de baixa de oficio no padrón de habitantes.
No suposto de menores de idade, a persoa representante legal asinará a confirmación e deberá achegar o libro de familia/certificado de nacemento orixinal.
Pola súa banda, o trámite de renovación só se pode realizar por comparecencia nos rexistros de María Pita, Fórum ou Ágora, non se admitirá neste caso a vía en liña.
Como regra xeral, a renovación farase cada 2 anos e a confirmación cada 5 anos.
Padrón: renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras
Todas as persoas estranxeiras non comunitarias empadroadas e que non teñan un permiso de residencia permanente teñen que renovar a inscrición padroal cada 2 anos desde a data de empadroamento inicial.
Deben realizar o trámite de confirmación as persoas estranxeiras que non teñen a obriga de renovar cada dous anos, cando existan indicios de que puidesen deixar de residir ou a súa inscrición non variase nos últimos cinco anos. Neste caso pódense dar as seguintes situacións:
Este trámite utilizarase para responder á petición que previamente lles enviase o concello ás persoas interesadas.
Ningún
Normativas relacionadas
A renovación deberase facer cada dous anos, e a confirmación cada cinco.
En calquera caso, sempre en resposta ao preaviso do concello, a partir do cal dispoñerá do prazo de dous meses.
Os documentos acéptanse nos idiomas oficiais: galego e castelán. En caso contrario deberá achegar o orixinal e a tradución realizada polo consulado ou por unha persoa tradutora xurada.
É aconsellable achegar a carta do concello.
Persoas afectadas polo trámite maiores de idade: documento de identidade que se solicita na carta, que é o que consta no Padrón de habitantes e pode ser:
Persoas menores de idade: ademais, documento que acredite a representación do/a menor:
*No caso de menores de 14 anos non será obrigatorio que dispoñan de NIE, pasaporte ou documento identificativo do seu país de orixe e que, por tanto, co libro de familia (ou similar), partida de nacemento ou pasaporte dos pais (se alí figuran os datos do/a menor), será suficiente para realizar calquera xestión padroal.
Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria".
Deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido coa documentación.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Presentación da documentación en liña. Pulsando o botón Tramitar.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1445
Estimatorio
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible