Concello da Coruña

Concello da Coruña

PADEXTR

Padrón de habitantes: renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Trámites online, Poboación e comunidades

Órgano responsable:

Interior

Vixente:

Si

Este procedemento permite facer o trámite de confirmación que a lexislación prescribe para a cidadanía da Unión Europea e dos Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como dos que, sen pertencer a estes países, teñen cartón de residencia de réxime comunitario (por ser familiares de comunitarios) e aqueles que teñen autorización de residencia de longa duración.

O concello enviará un aviso ao seu domicilio de empadroamento cando teña que facer este trámite. Por tanto, é moi importante que teña actualizado no Padrón o seu enderezo habitual pois pola contra non poderá recibir este preaviso.

En resposta a ese preaviso, poderá realizar a confirmación de dúas maneiras:

  • En liña, se dispón de certificado dixital, asinando dixitalmente o documento que se lle facilitará (cando se realice a renovación por este medio o concello poderá esixir ademais a achega de documentación acreditativa da continuidade da residencia no municipio).
  • Presencialmente, comparecendo nos rexistros de María Pita, Fórum ou Ágora co seu documento de identificación orixinal.

En caso de non realizar a confirmación de residencia, iniciarase un expediente de baixa de oficio no padrón de habitantes.

No suposto de menores de idade, a persoa representante legal asinará a confirmación e deberá achegar o libro de familia/certificado de nacemento orixinal.

Pola súa banda, o trámite de renovación só se pode realizar por comparecencia nos rexistros de María Pita, Fórum ou Ágora, non se admitirá neste caso a vía en liña.

Como regra xeral, a renovación farase cada 2 anos e a confirmación cada 5 anos.

    Padrón: renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras

    Inscricións:

    Sobre o procedemento

    A quen vai dirixido?:

    Todas as persoas estranxeiras non comunitarias empadroadas e que non teñan un permiso de residencia permanente teñen que renovar a inscrición padroal cada 2 anos desde a data de empadroamento inicial.

    Deben realizar o trámite de confirmación as persoas estranxeiras que non teñen a obriga de renovar cada dous anos, cando existan indicios de que puidesen deixar de residir ou a súa inscrición non variase nos últimos cinco anos. Neste caso pódense dar as seguintes situacións:

    • Cando non figure inscrito/a no Rexistro Central de Estranxeiros (obrigatorio para residencias superiores a tres meses) e a súa última inscrición padroal non variase nos últimos dous anos.
    • Cando a tarxeta de identidade de estranxeiro/a estea caducada e a inscrición padroal non variase nos últimos cinco anos.
    • Cando o certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros de cidadá/n da unión fose expedido hai máis de cinco anos e a súa inscrición non variase nos últimos cinco anos.

    Requisitos:

    Este trámite utilizarase para responder á petición que previamente lles enviase o concello ás persoas interesadas.

    Prezo / Custo:

    Ningún

    Presentación

    Prazo de presentación:

    A renovación deberase facer cada dous anos, e a confirmación cada cinco.

    En calquera caso, sempre en resposta ao preaviso do concello, a partir do cal dispoñerá do prazo de dous meses.

    Documentación necesaria:

    Os documentos acéptanse nos idiomas oficiais: galego e castelán. En caso contrario deberá achegar o orixinal e a tradución realizada polo consulado ou por unha persoa tradutora xurada.

    É aconsellable achegar a carta do concello.

    Persoas afectadas polo trámite maiores de idade: documento de identidade que se solicita na carta, que é o que consta no Padrón de habitantes e pode ser:

    • Tarxeta de residencia, en vigor.
    • Pasaporte, en vigor.

    Persoas menores de idade: ademais, documento que acredite a representación do/a menor:

    • Libro de familia coa inscrición do/a menor.
    • Pasaporte ou permiso de residencia do/a menor, en vigor.*
    • Pasaporte dunha das persoas proxenitoras onde tamén consten os datos identificativos do/a menor, en vigor.
    • Extracto literal de nacemento.
    • Sentenza ou resolución xudicial na que se outorga a garda e custodia ou a tutela.

    *No caso de menores de 14 anos non será obrigatorio que dispoñan de NIE, pasaporte ou documento identificativo do seu país de orixe e que, por tanto, co libro de familia (ou similar), partida de nacemento ou pasaporte dos pais (se alí figuran os datos do/a menor), será suficiente para realizar calquera xestión padroal.

    Canles de presentación

    Presencial

    Que se necesita?:

    Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria".

    Como se fai?:

    Deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido coa documentación.

    Internet

    Que se necesita?:

    Deberá dispoñer de certificado dixital.

    Como se fai?:

    Presentación da documentación en liña. Pulsando o botón Tramitar.

    Páxina web:

    https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1445

    Teléfono

    Despois

    Sentido do silencio administrativo:

    Estimatorio

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión